saltar ao contido

Acordos da Comisión 4.ª, Educación e Cultura, celebrada o 18 de maio de 2017

A Comisión 4.ª, Educación e Cultura, na súa sesión do 18 de maio de 2017, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade sen modificacións
 
- 4363 (10/PNC-000407)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Burgo López, María de la Concepción e Álvarez Martínez, Luis Manuel
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co achado dun túnel na muralla romana de Lugo
BOPG n.º 62, do 08.02.2017
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a realizar una investigación exhaustiva sobre a orixe, características e utilidade do túnel descuberto na Muralla de Lugo e a, una vez coñecidas as conclusións, tomar as medidas e decisións adecuadas para a súa conservación."
 
- 6619 (10/PNC-000670)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Rodríguez Barreira, María Julia e 11 máis
Sobre a realización polo Goberno galego dos trámites necesarios para a declaración e inclusión do Colexio de Nosa Señora da Antiga, de Monforte de Lemos, na relación de bens de interese cultural da Xunta de Galicia
BOPG n.º 87, do 22.03.2017
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a realizar os trámites para a declaración e a inclusión do Colexio de Nosa Señora da Antiga, na relación de Bens de Interese Cultural da Xunta de Galicia”.
 

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina