Un grupo de alumnos do CEIP Carlos Casares de Salvaterra de Miño visitan o Parlamento de Galicia

• Acompañados por tres profesoras, foron recibidos pola presidenta da Cámara, Pilar Rojo Noguera, que lles amosou o seu despacho e os convidou a coñecer o funcionamento das institucións autonómicas


Santiago, 25 de novembro de 2011.- Un grupo de alumnos do CEIP Carlos Casares, de Alxén, Salvaterra de Miño, acompañados por tres profesoras, visitaron esta mañá o Parlamento de Galicia no marco do programa de visitas guiadas á institución.

A presidenta do Parlamento, Pilar Rojo Noguera, recibiu ao grupo no seu despacho da Cámara e agradeceu a visita, ao tempo que convidou aos escolares participantes nesta actividade a afondar no coñecemento das institucións autonómicas.

 

Saúdos, Gabinete de Comunicación.


Imaxes relacionadas