saltar ao contido

Acordo da Comisión 4.ª, Educación e Cultura, celebrada o 1 de xuño de 2017

A Comisión 4.ª, Educación e Cultura, na súa sesión do 1 de xuño de 2017, adoptou o seguinte acordo:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 9206 (10/PNC-000963)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Burgo López, María de la Concepción e Álvarez Martínez, Luis Manuel
Sobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co réxime de visitas públicas gratuítas ao pazo de Meirás
BOPG n.º 117, do 24.05.2017
 
Sométese a votación xunto coa emenda de adición do G.P. do Bloque Nacionalista Galego doc. núm. 9744 e resulta aprobada pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado, con modificacións respecto do texto orixinal, é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a:
 
1. Poñer os medios necesarios para que a familia Franco cumpra a súa obriga legal, segundo o artigo 48 da Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia, de abrir o Pazo de Meirás ao público polo menos durante catro días ao mes durante todo o ano, incluíndo o mes de agosto.
 
2. Adoptar as medidas necesarias de acordo co previsto na Lei 5/2016, de patrimonio cultural de Galicia, relativas ao réxime de visita pública dos bens declarados de interese cultural e as posibles sancións polo seu incumprimento."

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina