• A actividade enmárcase na aposta de Santalices por dar a coñecer o Parlamento
Santiago, 12 de xuño de 2017.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, pronunciou esta tarde unha conferencia sobre o funcionamento da Cámara Galega no Club Gamboa de Vigo. Santalices explicou a historia do lexislativo galego, os diferentes órganos que o compoñen e o traballo que se desenvolve no día a día da Cámara.
A conferencia responde a unha invitación formulada polo Club Gamboa e enmárcase na aposta de Santalices por dar a coñecer o Parlamento. O presidente da Cámara convidou aos asistentes a efectuar unha visita guiada á sede do Lexislativo autonómico, ao tempo que os convidou a coñecer os diferentes mecanismos de participación cidadá habilitados polo Parlamento.
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.