Persoal do Parlamento participa nun curso sobre as novidades da lei de procedemento administrativo

Santiago, 26 de xuño de 2017.- Persoal do Parlamento de Galicia participa, desde esta mañá, e durante toda a semana, nunha actividade formativa sobre novidades e aplicación práctica da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas.
 
O curso céntrase especialmente na utilización das TIC e a substitución dos documentos en papel polos documentos electrónicos e forma parte do plan de formación do Parlamento de Galicia.
 

Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.
 

Imaxes relacionadas