Acordo da Comisión Permanente non Lexislativa para as Relacións co Consello de Contas do día 28 de xuño de 2017

A Comisión Permanente non Lexislativa para as Relacións co Consello de Contas na súa sesión do día 28 de xuño de 2017, adoptou o seguinte acordo:
 
Procedementos de control económico e orzamentario
Consello de Contas. Informe de fiscalización das eleccións
 
Aprobación das propostas
 
- 7047 (10/IFIS-000001)
Consello de Contas
Informe de fiscalización de regularidade das contabilidades electorais correspondente ás eleccións ao Parlamento de Galicia celebradas o 25 de setembro de 2016
BOPG n.º 93, do 30.03.2017

Resolución número 1
 
Apróbase o Informe de Fiscalización das contabilidades electorais correspondente ás eleccións ao Parlamento de Galicia do 25 de setembro de 2016.

Resolución número 2
 
Impulsar a efectividade das recomendacións incluídas no Informe de Fiscalización das contabilidades electorais correspondente ás eleccións ao Parlamento de Galicia do 24 de setembro de 2016, coa suficiente antelación, antes do vindeiro proceso electoral.

Resolución número 3
 
O Parlamento de Galicia insta ao Consello de Contas para que interese do Tribunal de Contas  do  Estado o remate dos traballos de adaptación do Plan de Contabilidade Adaptado ás Formacións Políticas ás prescricións establecidas pola Lei Orgánica 3/2015, do 30 de marzo, de control da actividade económico-financeira dos Partidos Políticos, aprobando un novo texto que sexa de aplicación efectiva para todas as formacións políticas.

Resolución número 4
 
O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a adaptar o réxime xurídico vixente en materia de financiamento das formacións políticas, regulando o emprego das novas formas de financiamento tales como as chamadas “crowdfunding”, “microcréditos” ou “micropréstamos”, que actualmente non son contemplados pola lexislación especificamente aplicable a esta materia, para configurar un marco xurídico máis axeitado e para avanzar na mellora do control dos fondos públicos.

Resolución número 5
 
O Parlamento de Galicia insta o Consello de Contas a promover os mecanismos oportunos oportunos para facilitar os trámites telemáticos na presentación das contabilidades electorais.

Resolución número 6
 
O Parlamento insta á Xunta de Galiza a impulsar o emprego da lingua galega nas relacións que as diversas entidades galegas manteñen co Consello de Contas.
 

Imaxes relacionadas