A Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, na súa sesión do 4 de xullo de 2017, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación con modificacións
- 6346 (10/PNC-000638)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
González Vázquez, José e 6 máis
Sobre o impulso polo Goberno galego do papel do Banco de Terras de Galicia como instrumento esencial no redimensionamento das explotacións agrogandeiras galegas
BOPG n.º 83, do 15.03.2017
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, por 11 votos a favor, 0 votos en contra e 1 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a potenciar o papel do Banco de Terras de Galicia como instrumento esencial no redimensionamiento das explotacións agrogandeiras galegas e a incrementar progresivamente os recursos persoais e materiais do Banco de Terras, para que sexa posible a aplicación e cumprimento das función que ten atribuídas. Específicamente, deseñaranse plans estratéxicos para impulsar de novo esta ferramenta, con partidas orzamentarias específicas”.
Aprobación por unanimidade sen modificacións
- 10471 (10/PNC-001084)
Grupo Parlamentario de En Marea
Rodríguez Estévez, David e Quinteiro Araújo, Paula
Sobre o impulso pola Xunta de Galicia para facer efectivo o cambio a unhas novas dependencias da Oficina Agraria Comarcal de Lalín
BOPG n.º 132, do 21.06.2017
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a facer efectivo o cambio das instalacións da Oficina Agraria Comarcal de Lalín a unhas novas dependencias, xa que estas atópanse nun estado lamentable."