saltar ao contido

Acordos da Comisión 1.ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, celebrada o 7 de xullo de 2017

 
A Comisión 1.ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, na súa sesión do 7 de xullo de 2017, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 8580 (10/PNC-000903)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Vilán Lorenzo, Patricia e 2 máis
Sobre a demanda do Goberno galego á Administración de Xustiza respecto da elaboración dun protocolo de actuación para avaliar os resultados da aplicación do sistema de comunicación das resolucións xudiciais co dobre modelo que permite unha mellor comprensión dos termos xurídicos pola cidadanía
BOPG n.º 112, do 10.05.2017
 
Sométese a votación a transacción coa emenda do G.P. Popular de Galicia doc. núm. 11814 e resulta aprobada, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado, con modificacións respecto do texto
orixinal, é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia que solicite ao órgano de goberno dos xulgados e tribunais en coordinación coa Administración de Xustiza a futura elaboración dun protocolo de actuación que serva para avaliar a aplicación de medidas que garantan a accesibilidade sensorial e cognitiva ás resolución xudiciais (no formato habitual de redacción e nun modelo adaptado, que permite unha mellor comprensión dos termos xurídicos) en situacións de discapacidade intelectual, con relación a persoas maiores que ven  mermadas algunas facultades intelectuais polo paso da idade, á poboación inmigrante con escaso dominio do idioma, a persoas sen estudos que non saben ler nin escribir e, por extensión, a toda a poboación cando se enfronta a textos xudiciais de certa especialización e complexidade técnica, coa colaboración das administración públicas, das organización máis representativas, profesionais, e dos órganos xurisdicionais responsables do proceso xudicial."

Aprobación por unanimidade sen modificacións
 
- 5586 (10/PNC-000539)
Grupo Parlamentario de En Marea
Solla Fernández, Eva
Sobre a publicación polo Goberno galego, no Portal da transparencia e goberno aberto, da información establecida no artigo 19 da Lei 1/2016, de transparencia e bo goberno, referida ao informe anual relativo aos acordos aprobados no Parlamento de Galicia que afecten ás súas competencias, detallando a data de aprobación e o organismo competente para o seu cumprimento
BOPG n.º 75, do 01.03.2017
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia ao cumprimento da Lei 1/2016 de transparencia e a publicar no Portal de Transparencia o disposto no artigo 19 da mesma."

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina