Acordo da Comisión 2ª., Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, celebrada o 13 de xullo de 2017

A Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, na súa sesión do 13 de xullo de 2017, adoptou o seguinte acordo:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade sen modificacións
 
- 9561 (10/PNC-001000)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Bará Torres, Xosé Luís e 5 máis
Sobre o impulso polo Goberno galego, no marco da Comisión de seguimento das obras de ampliación da ponte de Rande, do respecto das condicións laborais e salariais do persoal que está a traballar nelas
BOPG n.º 124, do 07.06.2017
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta ao Goberno galego a promover, no marco da comisión de seguimento sobre a AP 9, o respecto das condicións laborais e salariais do persoal que traballa nas obras de ampliación da ponte de Rande."

 

Imaxes relacionadas