saltar ao contido

O presidente do Parlamento acompaña á Súa Maxestade O Rei durante a visita a Galicia


 
Santiago, 17 de xullo de 2017.- O titular do Lexislativo galego, Miguel Ángel Santalices Vieira, acompañou á Súa Maxestade O Rei Felipe VI durante a visita que o monarca efectúa a Galicia desde onte.
 
Así, o presidente dao Parlamento asistiu aos actos de Xura de Bandeira e á Entrega de Reais Despachos, celebrada este domingo na Escola Naval Militar de Marín.
 
Xa este luns, o presidente do Parlamento, xunto a outras autoridades,  acompañou ao Monarca no acto conmemorativo  do 50 aniversario de AIMEN Centro Tecnolóxico, no Porriño; e no acto central  do 25 aniversario do Círculo de Empresarios de Galicia, en Vigo.
 

Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina