saltar ao contido

O Parlamento incorpora aos seus fondos documentais a acta de constitución da Asemblea de Parlamentarios de Galicia


 
• A Mesa da Cámara recibiu esta mañá o documento orixinal manuscrito, doado á institución polo ex deputado Perfecto Yebra Martul-Ortega, que o conservaba no seu poder na súa condición de secretario da Asemblea de Parlamentarios de Galicia
 
Santiago, 18 de xullo de 2017.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, acompañado polos integrantes da Mesa da Cámara, recibiu esta mañá do ex deputado Perfecto Yebra Martul a acta de constitución da Asemblea de Parlamentarios de Galicia, celebrada no Pazo de Raxoi o 25 de xullo de 1977.
 
O documento –o orixinal manuscrito da acta- obraba en poder de Perfecto Yebra na súa condición de secretario da Asemblea de Parlamentarios de Galicia e, a partir de agora, sumarase aos fondos documentais do Parlamento de Galicia.
 
O presidente da Cámara, Miguel Santalices, agradeceu a xenerosidade persoal de Perfecto Yebra, por ter elixido ao Parlamento como depositario definitivo deste documento.
 
Saúdos Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina