• Foron recibidos polo presidente da Cámara, Miguel Santalices, que lles amosou a sede do Lexislativo galego
Santiago, 21 de xullo de 2017.- Unha delegación da illa xaponesa de Shikoku visitou esta mañá o Parlamento de Galicia dentro do programa que están a desenvolver na Comunidade Autónoma para coñecer a experiencia galega de promoción do Camiño de Santiago de cara a lograr a inscrición do Camiño de Shikoku como Patrimonio Mundial.
A delegación foi recibida polo presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, que lles explicou o funcionamento da institución e amosou, durante unha visita polas instalacións, a sede do lexislativo galego.
A visita desta delegación coincide coa chegada a Santiago da exposición “O Camiño de Shikoku”, organizado polas catro prefecturas desta illa xaponesa xunto cos rede de templos do Camiño de Shikoku, coa colaboración do Xacobeo e Turismo de Galicia. A exposición estará aberta no Museo das Peregrinacións e de Santiago desde o 21 de xullo ata finais de setembro.
A delegación está encabezada por Akira Chiba, presidente do Consello do Camiño de Shikoku para a inscrición no Patrimonio Mundial e presidente da Federación Económica de Shikoku, e por Kyozen Obayashy, presidente do Consello dos 88 templos de Shikoku e sacerdote maior do templo de
Koyamaji.
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.