Minuto de silencio no Parlamento de Galicia tras o atentado de Barcelona

Santiago, 18 de agosto de 2017.- O Parlamento de Galicia acolleu este mediodía unha concentración de un minuto de silencio como sinal de repulsa contra o atentado terrorista perpetrado onte en Barcelona e para expresar a solidariedade e cercanía ás vítimas.
 
Na escaleira principal do Pazo do Hórreo, o presidente da Cámara encabezou unha concentración na que se deron cita integrantes da Mesa da Cámara, portavoces e deputadas e deputados.
 
En declaracións aos xornalistas, o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, reiterou a condena do atentado.
 
O feito de que representantes de todo o arco parlamentario galego participasen na concentración celebrada este mediodía para expresar a repulsa contra o terrorismo foi valorada por Santalices Vieira, convencido de que desde a unidade é posible superar a barbarie. 
 
Desde esta mañá, as bandeiras ondean a media hasta no Parlamento de Galicia como sinal de loito.
 

Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes relacionadas