A Xunta de Portavoces celebrará sesión o próximo día 5 de setembro de 2017, ás 11:30 horas, no pazo do Parlamento.
A orde do día é a seguinte:
Punto 1. Lectura e aprobación, se é o caso, dos borradores das actas das reunións dos días 4 e 28 de xullo de 2017.
Punto 2. Asignación a comisión do Proxecto de lei de Portos de Galicia (doc. núm. 14376, 10/PL-000005).
Punto 3. Ordenación do traballo parlamentario:
- Calendario de actividades para o período de sesións de setembro a decembro de 2017 e criterios de formación das ordes do día das sesións plenarias.
- Calendario de comisións correspondente ao mes de setembro de 2017.
Punto 4. Formación da orde do día da próxima sesión plenaria.
Punto 5. Comunicacións, rogos e preguntas
O que lle comunico para os efectos de convocalo/a á devandita reunión.
Santiago de Compostela, 31 de agosto de 2017
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente