saltar ao contido

Santalices enxalza o “compromiso empresarial e cultural” con Galicia da Corporación Hijos de Rivera

 
• O titular do Parlamento de Galicia presidiu o acto de entrega do Premio “Celanova, Casa dos Poetas” á Corporación Hijos de Rivera

Santiago, 3 de setembro de 2017.- O titular do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, presidiu este mediodía os actos organizados con motivo da entrega do XXXIII Premio “Celanova, Casa dos Poetas” á Corporación Hijos de Rivera. Santalices confesouse honrado por participar nun acto destas características, “no que o mundo da cultura e o mundo da empresa- os dous imprescindibles- se dan a man dun xeito admirable”.
 
O presidente da Cámara lexislativa valorou a decisión do xurado do premio “Celanova, casa dos Poetas” por condecer o galardón  deste ano á Corporación Hijos de Rivera, “de méritos empresariais sobrados, como todos coñecemos, pero moi especialmente polo seu compromiso con Galicia: compromiso empresarial e compromiso cultural tamén”.
 
Santalices destacou que a Corporación Hijos de Rivera “soubo compaxinar a súa exitosa diversificación e expansión –nacional e internacional- coa súa crecente galeguización nos máis diversos ámbitos”, como reflicte a acta na que o xurado deixa constancia da concesión, por unanimidade, deste Premio.
 
Recursos e talento
 
“Parabéns, polo tanto, á familia Rivera, polos seus éxitos –agregou Santalices-, que son tamén os éxitos de Galicia; e porque demostran, decote, que Galicia ten recursos, pero tamén talento e moitos empresarios brillantes que son quen de xerar riqueza e traballo no país”.

Celanova e a lusofonía
 
Na súa intervención, o presidente do Lexislativo galego adiantou que o vindeiro 15 de setembro Celanova acollerá unha actividade organizada polo Parlamento de Galicia no marco dun programa conxunto coa Asemblea Lexislativa dos Azores para promover os intercambios co mundo da lusofonía. E elección de Celanova derívase dos vínculos que Curros Enríquez mantivo con escritores portugueses do seu tempo.
 

Saúdos, Gabinete de Comunicación.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina