saltar ao contido

Acordos da Comisión 1.ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, celebrada o 8 de setembro de 2017

A Comisión 1.ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, na súa sesión do 8 de setembro de 2017, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación sen modificacións
 
- 9066 (10/PNC-000951)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Prado del Río, Paula e 6 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co modelo de financiamento das entidades locais, así como a demanda que debe realizar ao Goberno central para permitir o investimento polos concellos do seu superávit na liquidación orzamentaria
BOPG n.º 117, do 24.05.2017
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 9 votos a favor, 0 votos en contra e 3 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego a:
 
1. Realizar un estudo pormenorizado, no seo da Subcomisión Permanente de Réxime Económico e Financeiro, sobre as axudas que a Xunta de Galicia destina aos concellos, e que a vista do resultado do mesmo se determinen as axudas que poden ser integradas no Fondo de Cooperación Local.
 
2. No eido da normativa de transparencia, estudar a mellora dos mecanismos que permitan a visualización das axudas recibidas polas entidades locais de Galicia.
 
3. Revisar os mecanismos que permitan a axilización e simplificación dos trámites a realizar por parte das entidades locais e estudar a posibilidade de prever nas subvencións destinadas ás entidades locais a realización de pagamentos anticipados, nos supostos e cas limitacións impostas pola normativa de subvencións.
 
4. A que inste ao Goberno de España a levar a cabo as modificacións lexislativas oportunas para permitir aos concellos o emprego do superávit, dentro dos límites marcados pola normativa europea de estabilidade orzamentaria."
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 8676 (10/PNC-000916)
Grupo Parlamentario de En Marea
Santos Queiruga, Carmen e Merlo Lorenzo, Juan José
Sobre a demanda polo Goberno galego ao Goberno central da implantación da figura do enriquecemento inxusto ou ilegal no Código penal, co fin de avanzar na loita contra a corrupción
BOPG n.º 112, do 10.05.2017
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a demandar do Goberno do Estado a tipificación dun novo delito de enriquecemento ilícito, conforme aos principios constitucionais."
 

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina