saltar ao contido

Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 13 de setembro de 2017

4.4 13602 (10/PNP-001145)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Tellado Filgueira, Miguel Ángel, e sete deputados/as máis
Sobre as actuacións que debe realizar a Xunta de Galicia para promover a formación das persoas desempregadas a través do cheque formación
Publicación da iniciativa, BOPG nº 165, do 30.08.2017
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
«O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a introducir o cheque formación, para que as persoas traballadoras desempregadas dispoñan dun crédito de formación e escollan a formación que queren recibir e mais a entidade na que queren que se imparta».
 
4.6 13811 (10/PNP-001155)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Prado del Río, Paula, e sete deputados/as máis
Sobre as medidas que debe realizar a Xunta de Galicia ante o Ministerio de Xustiza para mellorar a organización xudicial
Publicación da iniciativa, BOPG nº 165, do 30.08.2017
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
«O Parlamento insta a Xunta de Galicia a:
 
1. Solicitar ao Ministerio de Xustiza:
 
    1.1. Como proposta de mínimos, a creación de todos os xulgados e prazas de maxistrados e maxistradas que se consensúen entre a Xunta de Galicia e o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia para 2018.

    1.2. O incremento das partidas orzamentarias para substitucións de persoal por baixas o vacacións.
 
    1.3. Realizar unha auditoría exterior e independente sobre a implantación da administración dixital na Xustiza, con especial atención aos problemas xerados polas plataformas informáticas.
 
    1.4. Adoptar todas as medidas para o axeitado funcionamento do sistema LEXNET.
 
2. Dotar de máis recursos persoais e materiais os xulgados para a contratación de xuízas e xuíces substitutos e demais persoal.
 
3. Asumir, apoiar e dotar de medios persoais e materiais todos os órganos xurisidicionais que o Ministerio de Xustiza asigne para Galicia.»
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación.
 

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina