Santiago, 15 de setembro de 2017.- A presidenta da Asemblea Lexislativa da Rexión Autónoma dos Azores, Ana Luísa Pereira Luís, acompañada polo presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, e os integrantes da delegación que a acompañan, foi recibida esta mañá polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, en San Caetano.
A rolda de contactos institucionais mantidos esta mañá pola delegación da Asemblea dos Azores continuou cunha recepción ofrecida polo alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e unha visita posterior ao Consello da Cultura Galega, onde foron recibidos polo seu presidente, Ramón Villares.
Saúdos, Gabinete de Comunicación.