saltar ao contido

Acordos da Comisión 6.ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, celebrada o 21 de setembro de 2017

A Comisión 6.ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, na súa sesión do 21 de setembro de 2017, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 12368 (10/PNC-001203)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Losada Álvarez, Abel Fermín e Pérez Seco, José Manuel
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en relación coa ordenación da seguridade industrial a través do establecemento dun sistema de control que garanta a seguridade dos establecementos das instalacións e dos produtos industriais en Galicia
BOPG n.º 149, do 20.07.2017
 
Sométese a votación por puntos co resultado que se reflicte a seguir:
 
Punto 1: aprobado pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
Puntos 2, 3, 4, 5, 6 e 7: rexeitados por 5 votos a favor, 7 votos en contra e 0 abstencións.
 
O texto aprobado, con modificacións respecto do texto orixinal, é o seguinte:
 
"O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a establecer un sistema de información para as persoas titulares dos establecementos ou das instalación sobre os prazos a realizar as inspeccións periódicas, indicándolles ao mesmo tempo a relación das entidades legalmente habilitadas na Comunidade Autónoma para realizalas".

Aprobación por unanimidade sen modificacións
 
- 7811 (10/PNC-000818)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Presas Bergantiños, Noa e 5 máis
Sobre a demanda polo Goberno galego ao Goberno central da regulación da relación comercial entre as empresas editoras, as empresas distribuidoras e os vendedores de prensa escrita e revistas co fin de evitar o abuso de posicións de dominio e prácticas monopolistas no sector
BOPG n.º 100, do 19.04.2017
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta ao Goberno galego a que demande do Goberno do Estado a regulación da relación comercial entre empresas editoras, empresas distribuidoras e vendedores/as de prensa escrita e revistas, atendendo as súas particularidades, co obxectivo de resolver a situación descrita anteriormente, poñendo fin a conflictividade derivada do abuso de posición de dominio e prácticas de tipo monopolista que se producen no sector".
 
- 8465 (10/PNC-000891)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Vega Pérez, Daniel e 7 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno en relación coa declaración de "interese turístico galego" da Romaría das Cruces que se vén celebrando con carácter anual no barrio da Ponte, no concello de Ribadeo e, en particular, a súa difusión
BOPG n.º 112, do 10.05.2017
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a colaborar coa asociación promotora do evento e co Concello de Ribadeo para que a Romaría das Cruces que cada ano se celebra nesta localidade poida obter a Declaración de Interese Turístico Galego e, en particular, insta ao Goberno galego a apoiar os esforzos para a difusión deste evento".

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina