saltar ao contido

Acordos da Comisión 4.ª, Educación e Cultura, do día 29 de setembro de 2017

A Comisión 4.ª, Educación e Cultura, na súa sesión do 29 de setembro de 2017, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade sen modificacións
 
- 13035 (10/PNC-001226)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Egerique Mosquera, Teresa e 7 máis
Sobre as actuacións da Xunta de Galicia en relación co incremento do número de colexios aos que vai dirixido o programa de cooperación europeo CinED
BOPG n.º 158, do 04.08.2017
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a incrementar o número de colexios aos que vai dirixido o programa de cooperación europeo (CinED) a través do cal os mozos de entre 6 e 19 anos descobren a riqueza do cine europeo de autor; para o que se procurará que esta iniciativa teña  presenza nas catro provincias”.
 
- 13043 (10/PNC-001229)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Fernández Gil, César Manuel e 7 máis
Sobre as actuacións da Xunta de Galicia destinadas a actualizar e simplificar o proceso de homologación de títulos non universitarios para o alumnado estranxeiro
BOPG n.º 158, do 04.08.2017
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a actualizar e simplificar, coa incorporación das novas tecnoloxías, o proceso de homologación de títulos non universitarios para o alumnado estranxeiro que quere realizar estudos na nosa Comunidade”.
 

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina