saltar ao contido

O presidente do Parlamento súmase este xoves á conmemoración do 40 aniversario do Museo do Pobo Galego

• Miguel Ángel Santalices Vieira participa no foro sobre  O futuro da Sociedade do Benestar nunha Galicia avellentada
 
• O Parlamento de Galicia, patrono do Museo, patrocina o ciclo de foros que se desenvolven entre maio e decembro deste ano

Santiago, 24 de outubro de 2017.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, sumarase este xoves á conmemoración do 40 aniversario do Museo do Pobo Galego a través da súa participación no foro titulado O futuro da Sociedade do benestar nunha Galicia avellentada.
 
O acto está previsto para as 18,00h. do 26 de outubro e contará tamén coa participación de Xosé Carlos Arias Moreira, catedrático de Economía Aplicada da Universidade de Vigo; e de Rita Radl Philipp, catedrática de Socioloxía da Universidade de Santiago de Compostela. Será moderado por  Concha Losada Vázquez, do padroado do MPG.
 
A participación do presidente do Parlamento de Galicia nesta actividade responde a unha invitación formulada polo Padroado do Museo do Pobo galego.
 
Este ciclo de foros, titulado O noso pobo. De hoxe noutros corenta anos está a celebrarse desde o pasado mes de maio e rematará o vindeiro 14 de decembro. O Parlamento de Galicia asumiu o patrocinio desta actividade na súa condición de integrante do padroado institucional do Museo.
 

Saúdos, Gabinete de Comunicación.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina