Moción aprobada polo Pleno do Parlamento de Galicia o 7 de novembro de 2017

3.2 19247 (10/MOC-000053)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Quiroga Díaz, José Antonio
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co proceso de elaboración do novo Plan forestal de Galicia. (Moción a consecuencia da Interpelación nº 10194, publicada no BOPG nº 128, do 14.06.2017, e debatida na sesión plenaria do 17.10.2017)
 Publicación da iniciativa, BOPG nº 199, do 24.10.2017
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
«O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego a:
 
1º) Presentar o borrador do Plan forestal sen máis dilacións ao sector implicado e relacionado co mundo forestal (empresas, asociacións profesionais relacionadas coa silvicultura, madeira e bosques, asociacións ecoloxistas e ambientalistas, universidades, sindicatos agrarios, Consello Forestal e aos grupos parlamentarios, cando menos), para comezar o proceso de participación, mellora e adaptación ás necesidades socioeconómicas, culturais e medioambientais de Galicia.
 
2º) Establecer un protocolo de actuación e calendario para o seu estudo, achegas e conclusións.
 
3º) Efectuar unha rápida avaliación dos incendios forestais desde a aprobación do anterior plan forestal e incorporar as súas conclusións ao proceso de elaboración do actual.»

Imaxes relacionadas