Acordo da Comisión 4.ª, Educación e Cultura, celebrada o 28 de novembro 2017

A Comisión 4.ª, Educación e Cultura, na súa sesión do 28 de novembro de 2017, adoptou o seguinte acordo:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación sen modificacións
 
- 19881 (10/PNC-001619)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Fernández Gil, César Manuel e 7 máis
Sobre o desenvolvemento pola Xunta de Galicia dun proceso de coordinación e impulso dos actos de celebración do Centenario da Xeración Nós no ano 2020 que permita, coa colaboración das distintas administracións, institucións e entidades socioculturais, artellar unha programación de actividades que poña en valor e difunda o seu legado
BOPG n.º 211, do 15.11.2017
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 9 votos a favor, 0 votos en contra e 3 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a desenvolver un proceso de coordinación e de impulso das celebracións do Centenario da Xeración Nós, que comezará en 2020, e que permita, coa colaboración das distintas administración públicas, institucións e entidades socioculturais, artellar una programación de actividades que poña en valor e difunda o seu legado."
 

Imaxes relacionadas