Convocatoria do Pleno do Parlamento de Galicia previsto para o día 4 de decembro de 2017


A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar Pleno do Parlamento para realizar sesión o próximo día 4 de decembro de 2017, ás 10:00 hs., no pazo do Parlamento.
 
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 28 de novembro de 2017, a orde do día da sesión é a seguinte:
 
Punto 1. Textos lexislativos
 
1.1 Debate e votación do Ditame, emitido pola Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, do Proxecto de lei de portos de Galicia (doc. núm. 14376 PL-000005)
 Publicación ditame da Comisión, BOPG n.º 217, do 27.11.2017
Publicación de emendas e votos particulares, BOPG n.º 217, do 27.11.2017
 
1.2 Debate e votación do Ditame, emitido pola Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, da Proposición de lei, de iniciativa popular, de medidas para garantir a enerxía como servizo público e contra a pobreza enerxética (doc. núm. 37326, 09/PPLI-000013)
Publicación ditame da Comisión, BOPG n.º 218, do 28.11.2017
 Publicación de emendas e votos particulares, BOPG n.º 218, do 28.11.2017
 
Punto 2. Comparecencias
 
2.1 18707 (10/CPP-000037)
Do Sr. conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por petición propia, para informar do inicio do curso 2017-2018 no ensino non universitario de Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 195, do 18.10.2017
 
Punto 3. Mocións
 

3.1 20687 (10/MOC-000058)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Lago Peñas, José Manuel
Sobre a realización pola Xunta de Galicia das actuacións precisas para evitar o peche de Conservas Esteiro. (Moción, a consecuencia da Interpelación n.º 19022, publicada no BOPG n.º 199, do 24.10.2017, e debatida na sesión plenaria do 21.11.2017)
 
3.2 20701 (10/MOC-000059)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Torrado Quintela, Julio
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en relación coa situación do persoal sanitario de Servizo Galego de Saúde. (Moción, a consecuencia da Interpelación n.º 18979, publicada no BOPG n.º 199, do 24.10.2017, e debatida na sesión plenaria do 21.11.2017)
 
3.3 20722 (10/MOC-000060)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Solla Fernández, Eva
Sobre a política do Goberno galego en materia de atención ás emerxencias. (Moción, a consecuencia da Interpelación n.º 19254, publicada no BOPG n.º 204, do 02.11.2017, e debatida na sesión plenaria do 21.11.2017)
 
Punto 4. Proposicións non de lei
 
4.1 13974 (10/PNP-001162)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Fernández Gil, César Manuel e 6 máis
 Sobre as actuacións que debe realizar a Xunta de Galicia para avanzar na   conservación e difusión da nosa toponimia tradicional
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 165, do 30.08.2017
 
4.2 17009 (10/PNP-001285)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Álvarez Martínez, Luis Manuel e Burgo López, María de la Concepción
Sobre a posta en marcha polo Goberno galego das avaliacións necesarias para o coñecemento da mellora na competencia lingüística do alumnado que participa nalgún dos programas plurilingües que se veñen desenvolvendo nos últimos cursos
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 182, do 27.09.2017
 
4.3 17116 (10/PNP-001292)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Blanco Rodríguez, Noela e Torrado Quintela, Julio
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación coa baixada dos salarios e a precarización do emprego e das condicións laborais rexistrada nos últimos anos, en particular no referido á contratación das persoas mozas, así como a fenda salarial de xénero existente
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 182, do 27.09.2017
 
4.4 19337 (10/PNP-001427)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Núñez Centeno, Aurelio Alfonso e 8 máis
Sobre a continuación polo Goberno galego coa transformación dos servizos sanitarios promovendo a súa humanización no referido á capacitación científico-técnica dos profesionais e aproximación humana ao doente, co fin de mellorar a resposta aos requirimentos e expectativas da cidadanía
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 203, do 31.10.2017

4.5 19688 (10/PNP-001460)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Quinteiro Araújo, Paula e Rodríguez Estévez, David
Sobre a información pola Xunta de Galicia respecto do avance da praga de couza guatemalteca da pataca, das medidas adoptadas e previstas para erradicala, así como das axudas concedidas para paliar os danos ocasionados
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 211, do 15.11.2017
 
4.6 20138 (10/PNP-001501)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Bará Torres, Xosé Luís e 5 máis
Sobre o establecemento polo Goberno galego do día 1 de decembro como Día da Dignidade de Galicia, así como a regulación da organización de actividades conmemorativas con carácter anual
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 215, do 22.11.2017
 
4.7 20317 (10/PNP-001509)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Rivas Cruz, José Luis e 5 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co proxecto de reapertura da explotación da mina de cobre nos concellos de Touro e do Pino presentado pola empresa Cobre San Rafael, S.L., cos residuos almacenados no espazo da mina, así como coa restauración dos solos e das augas contaminadas pola anterior actividade mineira
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 215, do 22.11.2017
 
4.8 20338 (10/PNP-001511)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Villares Naveira, Luis e Santos Queiruga, Carmen
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coas reivindicacións dos representantes sindicais do persoal da Administración de xustiza
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 215, do 22.11.2017
 
Punto 5. Interpelacións
 
5.1 15066 (10/INT-000544)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Sánchez García, Antón
Sobre a política do Goberno galego en relación co dereito a unha vivenda digna
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 174, do 13.09.2017

5.2 20052 (10/INT-000661)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Bará Torres, Xosé Luís e 5 máis
 Sobre o funcionamento da AP-9
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 211, do 15.11.2017
 
5.3 20233 (10/INT-000669)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Vilán Lorenzo, Patricia e 2 máis
Sobre a política do Goberno galego en materia laboral na Administración de xustiza
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 215, do 22.11.2017
 
Punto 6. Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta
 
6.1 20739 (10/POPX-000061)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana Belén
Sobre a estratexia que vai impulsar o Goberno galego para enfrontar a incidencia das decisións do Goberno central para Galicia
 
6.2 20763 (10/POPX-000062)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Fernández Leiceaga, Xoaquín María
Sobre a avaliación do Goberno galego respecto do esforzo do Goberno central en relación co impulso das infraestruturas en Galicia
 
6.3 20831 (10/POPX-000063)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Villares Naveira, Luis
Sobre as razóns do resultado da política de infraestruturas de transporte da Xunta de Galicia
 
Punto 7. Preguntas ao Goberno
 
7.1 18638 (10/POP-002246)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Rodríguez Rumbo, Matilde Begoña e 2 máis
Sobre o grao de desenvolvemento actual do Plan director do Camiño de Santiago 2015-2021
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 195, do 18.10.2017
 
7.2 20175 (10/POP-002399)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Rodríguez Estévez, David e Quinteiro Araújo, Paula
Sobre a opinión do Goberno galego en relación coas declaracións do fiscal delegado de Medio Ambiente respecto dos lumes declarados en Galicia a mediados de outubro de 2017
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 215, do 22.11.2017
 
7.3 20750 (10/PUP-000122)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Presas Bergantiños, Noa e 5 máis
Sobre a proposta do Goberno galego para que Galicia non saia perdendo na negociación do novo modelo de financiamento autonómico
 
7.4 19895 (10/POP-002375)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Díaz Villoslada, Juan Manuel e 4 máis
Sobre as previsións do Goberno galego respecto do impulso ante o Goberno central da transformación portuaria e urbanística da cidade da Coruña mediante a constitución dun consorcio público que lidere este reto
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 211, do 15.11.2017
 
7.5 20781 (10/PUP-000123)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Losada Álvarez, Abel Fermín e 3 máis
Sobre as medidas previstas pola Xunta de Galicia diante da situación da falla de auga que está a vivir a área metropolitana de Vigo
 
7.6 20808 (10/PUP-000124)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Trenor López, Gonzalo
Sobre a valoración da Xunta de Galicia en relación coa situación de seca na demarcación hidrográfica Galicia-Costa, indicando as medidas adoptadas ao respecto en coordinación cos concellos
 
7.7 18713 (10/POP-002254)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Rodil Fernández, Olalla e 5 máis
Sobre a actuación que vai levar a cabo a Xunta de Galicia en relación co barrio da Tinería, de Lugo
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 200, do 25.10.2017
 
7.8 19836 (10/POP-002364)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Rodríguez Arias, Marta e 8 máis
Sobre as melloras producidas no Hospital Comarcal do Salnés desde a entrada en funcionamento do sistema de Estrutura Organizativa de Xestión Integrada, EOXI
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 211, do 15.11.2017
 
7.9 20829 (10/PUP-000125)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Solla Fernández, Eva e 2 máis
Sobre as medidas que vai adoptar o Goberno galego para garantir o dereito á saúde dos veciños afectados pola contaminación por lindano existente no concello do Porriño
 
7.10 19088 (10/POP-002281)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Rodríguez Arias, Marta e 7 máis
Sobre a valoración da Xunta de Galicia en relación coa posta en marcha do programa Reconduce como instrumento de prevención e abordaxe das situacións das persoas e familias en risco grave de desafiuzamento
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 200, do 25.10.2017

Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, o abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.
 
Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2017
 
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente
 

Imaxes relacionadas