saltar ao contido

Acordos da Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, celebrada o xoves 18 de xaneiro de 2018

A Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, na súa sesión do 18 de xaneiro de 2018, adoptou os seguintes acordos:

Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 5714 (10/PNC-000555)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Bará Torres, Xosé Luís e 5 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para mellorar a seguridade viaria do Camiño Portugués na provincia de Pontevedra, así como a mobilidade ciclista nel entre Tui e Santiago de Compostela
BOPG n.º 79, do 08.03.2017
 
Sométese a votación a transacción coa emenda do G.P. Popular de Galicia doc. núm. 23520 e resulta aprobada pola unanimidade dos 11 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado, con modificacións respecto do texto orixinal, é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a:
 
1.- Continuar apoiando á Mesa Permanente do Camiño de Santiago na provincia de Pontevedra promovida pola Deputación Provincial coa participación dos municipios polos que descorre o Camiño de Santiago e coordinar as actuacións das diversas administración e entidades relacionadas coa ruta xacobea.

2.- Fomentar a través da Comisión de Seguridade Viaria do Camiño de Santiago, creada pola Delegación do Goberno en Galicia, diante das administración titulares das vías con problemas de seguridade viaria dos peregrinos, aquelas actuacións que incrementen a seguridade no trazado do Camiño de Santiago e priorizar as actuacións relacionadas coa seguridade viaria e as obras necesarias para eliminar os puntos negros.

3.- Promover, xunto coas administración titulares das vías, alternativas funcionais para aqueles puntos ou treitos nos que o trazado actual do camiño non garanta axeitadamente a seguridade viaria dos peregrinos, tanto a pé como en bicicleta.

4.- Procurar alternativas para aqueles puntos ou treitos nos que o trazado do camiño sexa incompatible coa seguridade dos peregrinos.

5.- Desenvolver un plan de mellora da mobilidade ciclista polo camiño xacobeo portugués entre Tui e Compostela."
 
- 21043 (10/PNC-001725)
Grupo Parlamentario de En Marea
Cal Ogando, Marcos e Sánchez García, Antón
Sobre o apoio e a colaboración polo Goberno galego cos concellos afectados nas actuacións que leven a cabo para reclamar a Audasa o pagamento íntegro do IBI correspondente á AP-9
BOPG n.º 226, do 14.12.2017
 
Sométese a votación a transacción coa emenda in voce proposta polo G.P. Popular de Galicia e resulta aprobada pola unanimidade dos 11 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado, con modificacións respecto do texto orixinal,  é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta ao Goberno galego a instar ao Goberno do Estado a facer as modificacións lexislativas necesarias para eliminar os privilexios fiscais dos que goza a concesionaria suprimindo a bonificación do 95% no IBI e a apoiar aos concellos polos que transcorre a AP-9 nas accións que poidan levar a cabo para reclamar a AUDASA o pago íntegro deste IBI."

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina