A Comisión 1.ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, na súa sesión do 26 de xaneiro de 2018, adoptou o seguinte acordo:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación con modificacións
- 21746 (10/PNC-001784)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Vilán Lorenzo, Patricia e 2 máis
Sobre as actuacións que debe realizar a Xunta de Galicia para demandarlle ao Goberno de España a progresiva equiparación salarial dos policías nacionais e gardas civís con outros corpos policiais
BOPG n.º 236, do 10.01.2018
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, por 9 votos a favor, 0 votos en contra e 3 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
"1. O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia que demande ao Goberno do Estado a progresiva equiparación salarial dos policías nacionais e gardas civís con outros corpos policiais, de tal forma que no ano 2020 se acade a equiparación total, dando así resposta á unánime demanda que todas as organización sindicais da Policía Nacional e todas as asociacións da Garda Civil están a formular en unidade de acción.
2. O Parlamento de Galicia manifesta o seu apoio á equiparación salarial do Corpo Nacional de Policía e da Garda Civil con outros corpos policiais, nos termos que se acorden co Ministerio do Interior na Mesa técnica de negociación e que se reflexen na Lei de Presupostos Xerais do Estado para o ano 2018".