Acordo da Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos, celebrada o 16 de febreiro de 2018

A Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos, na súa sesión do 16 de febreiro de 2018, adoptou o seguinte acordo:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade sen modificacións
 
- 24201 (10/PNC-001910)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Presas Bergantiños, Noa e 5 máis
Sobre a demanda polo Goberno galego ao Goberno central da redución ao 4% do IVE dos produtos de hixiene íntima feminina, así como as actuacións que debe levar a cabo ao respecto
BOPG n.º 251, do 01.02.2018
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento galego acorda instar á Xunta de Galicia a:
 
1.- Dirixirse ao Gobernó central para demandar a redución do IVE sobre os productos coñecidos como de hixiene íntima (compresas, tampóns e copas menstruais) do 10% ao 4%.
 
2.- Elaborar e remitir ao Parlamento  galego un informe sobre as actuacións levadas a cabo para o cumprimento desta demanda.
 
3.- Desenvolver, no ámbito das súas competencias, a divulgación das alternativas ás compresas e tampóns e das súas vantaxes económicas e de respecto ao medio ambiente nas súas campañas informativas, especialmente as desenvolvidas ou destinadas a centros educativos e de xuventude."

Imaxes relacionadas