saltar ao contido

Convocatoria do Pleno do Parlamento de Galicia previsto para o 10 de abril de 2018

A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar unha sesión o próximo día 10 de abril de 2018, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.
 
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 3 de abril de 2018, a orde do día da sesión é a seguinte:
 
Punto 1. Textos lexislativos
 
1.1 Debate de toma en consideración da Proposición de lei, do G.P. do Bloque Nacionalista Galego, de modificación orzamentaria para o impulso dun plan de mellora da atención primaria (doc. núm. 24332, 10/PPL-000012)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 250, do 31.01.2018
 
1.2 Debate de toma en consideración da Proposición de lei, do G.P. dos Socialistas de Galicia, pola que se modifica a Lei 8/2012, do 29 de xuño, de vivenda de Galicia, co obxecto de establecer un mecanismo compensatorio de repercusión do Imposto sobre Bens Inmobles para as persoas arrendatarias de vivendas do parque público de vivendas da Comunidade Autónoma de Galicia (doc. núm. 25509, 10/PPL-000013)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 261, do 15.02.2018
Punto 2. Comparecencias
 
2.1 28681 (10/CPP-000053)
 Do Sr. conselleiro de Sanidade, por petición propia, para informar sobre a implantación da categoría estatutaria de enfermeiro/a especialista
 
Acumúlase na anterior a seguinte:
 
2.2 28514 (10/CPP-000052)
 Do Sr. conselleiro de Sanidade, a petición dos Grupos Parlamentarios do Bloque Nacionalista Galego e de En Marea, para dar conta da privatización de servizos sanitarios na EOXI da Coruña
 
Punto 3. Mocións
 
3.1 28401 (10/MOC-000079)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Vázquez Verao, Paula e 13 máis
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego e as demandas que debe realizar ao Goberno central en materia de igualdade, conciliación e corresponsabilidade, así como de atención ás persoas dependentes. (Moción, a consecuencia da Interpelación nº 26404, publicada no BOPG nº 267, do 27.02.2018, e debatida na sesión plenaria do 20.03.2018)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 284, do 27.03.2018
 
3.2 28402 (10/MOC-000080)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Vázquez Verao, Paula e 13 máis
 Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación co impacto do actual modelo de revalorización das pensións contributivas no poder adquisitivo das persoas pensionistas de Galicia. (Moción, a consecuencia da Interpelación nº 27145, publicada no BOPG nº 272, do 07.03.2018, e debatida na sesión plenaria do 20.03.2018)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 284, do 27.03.2018
 
3.3 28409 (10/MOC-000081)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Torrado Quintela, Julio
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co número de prazas de acceso á titulación de Medicina, e para evitar o déficit e precarización do emprego na sanidade pública. (Moción, a consecuencia da Interpelación nº 27038, publicada no BOPG nº 272, do 07.03.2018, e debatida na sesión plenaria do 20.03.2018)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 284, do 27.03.2018
 
Punto 4. Proposicións non de lei
 
4.1 8161 (10/PNP-000757)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Blanco Rodríguez, Noela e 2 máis
 Sobre o incremento por parte do Goberno galego do número de postos de traballo dos equipos de valoración da discapacidade en Galicia co fin de eliminar as listas de espera
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 109, do 03.05.2017
 
4.2 26706 (10/PNP-001890)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Sánchez García, Antón e 2 máis
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co título de adquisición do Pazo de Meirás por Francisco Franco
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 267, do 27.02.2018
 
4.3 26713 (10/PNP-001893)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Antón Vilasánchez, María Ángeles e 8 máis
 Sobre o establecemento pola Xunta de Galicia de medidas que fortalezan o Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago, así como a elaboración dun programa de colaboracións cos centros de estudos xacobeos
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 267, do 27.02.2018
 
4.4 27164 (10/PNP-001930)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Rodil Fernández, Olalla e 5 máis
 Sobre a demanda polo Goberno galego ao Goberno central dun plan de compensación en materia ferroviaria que inclúa compromisos concretos especialmente dirixidos ao interior de Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 272, do 07.03.2018
 
4.5 27382 (10/PNP-001952)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Prado del Río, Paula e 11 máis
 Sobre o impulso polo Goberno galego das reformas legais oportunas para que a Xunta de Galicia poida defender os dereitos das vítimas e exercer a acción penal nos xuízos por delitos de discriminación derivada ou por razón da situación familiar consecuencia da maternidade da muller
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 276, do 14.03.2018
 
4.6 27978 (10/PNP-002003)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Pierres López, María Luisa e 5 máis
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa igualdade efectiva de mulleres e homes na Administración xeral e no sector público autonómico, nas empresas e no emprego, así como as demandas que debe realizar ao Goberno central ao respecto
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 280, do 21.03.2018
 
4.7 28005 (10/PNP-002007)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Vázquez Verao, Paula e 5 máis
 Sobre as demandas que debe realizar o Gobeno galego ao Ministerio de Fomento para a mellora da seguridade viaria no conxunto da estrada N-540, así como a reforma e reparación dos tramos Guntín-Ventas de Narón, Chantada-Taboada e A Barrela-Chantada
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 280, do 21.03.2018
 
4.8 28112 (10/PNP-002016)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Bará Torres, Xosé Luís e 5 máis
 Sobre as actuacións que debe realizar a Xunta de Galicia para demandar do Goberno do Estado a modificación do Código penal e a derrogación da Lei de seguridade cidadá para impedir a actual interpretación dos delitos de incitación ao odio e enaltecemento do terrorismo
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 284, do 27.03.2018
 
4.9 28329 (10/PNP-002041)
 Grupos Parlamentarios Popular de Galicia,  de En Marea, dos Socialistas de Galicia e do Bloque Nacionalista Galego
 Sobre a posición do Parlamento de Galicia en relación co Manifesto para a flexibilización da obriga de desembarque das capturas realizadas pola frota da Unión Europea, elaborado pola Fundación Rendemento Económico Mínimo Sostible e Social
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 284, do 27.03.2018

Punto 5. Interpelacións
 
5.1 27661 (10/INT-000891)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Rodríguez Rumbo, Matilde Begoña e 2 máis
 Sobre a política do Goberno galego en relación coa perda de poder adquisitivo das pensións
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 280, do 21.03.2018
 
5.2 28365 (10/INT-000915)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Solla Fernández, Eva
 Sobre a política do Goberno galego en relación coa prestación de asistencia sanitaria no Sergas por medio de concertos coa sanidade privada
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 284, do 27.03.2018
 
5.3 28372 (10/INT-000916)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Prado Cores, María Montserrat e 5 máis
 Sobre as deficiencias existentes nos servizos de urxencias hospitalarias
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 284, do 27.03.2018
 
Punto 6. Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta
 
6.1 28665 (10/POPX-000082)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana Belén
 Sobre as actuacións previstas polo Goberno galego diante da enésima discriminación do Goberno central con Galicia
 
6.2 28666 (10/POPX-000083)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Fernández Leiceaga, Xoaquín María
 Sobre a necesidade de garantir a igualdade de acceso ao Sistema sanitario público de Galicia
 
6.3 28670 (10/POPX-000084)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Villares Naveira, Luis
 Sobre a opinión do Goberno galego respecto das decisións do Goberno central referidas á construción dunha autovía paralela á AP-9 entre A Coruña e O Porriño mentres se rescatan autoestradas privatizadas
 
Punto 7. Preguntas ao Goberno
 
7.1 25989 (10/POP-003094)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Díaz Villoslada, Juan Manuel e 3 máis
 Sobre a información do Goberno galego respecto dos prazos de licitación e execución do proxecto de dragaxe ambiental da ría do Burgo
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 264, do 21.02.2018
 
7.2 28664 e c.e. 28671 (10/PUP-000157)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Villares Naveira, Luis e 13 máis
 Sobre o cumprimento da obriga do Goberno galego de defender o medio ambiente, mediante o control da minaría potencialmente contaminante que opera en Galicia
 
7.3 26873 (10/POP-003195)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Presas Bergantiños, Noa e 4 máis
 Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para a protección patrimonial da calzada de acceso ao castelo de Monterrei
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 272, do 07.03.2018
 
7.4 27325 (10/POP-003247)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Álvarez Martínez, Luis Manuel e Burgo López, María de la Concepción
 Sobre a valoración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria respecto da participación dos centros educativos nas iniciativas desenvoltas ata o momento en relación coas vocacións nas áreas STEM, ou de ciencias, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 276, do 14.03.2018
 
7.5 23213 (10/POP-002779)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 López Crespo, Carlos Enrique e 8 máis
 Sobre as melloras producidas no Hospital Comarcal da Barbanza dende a entrada en funcionamento do sistema de estruturas organizativas de xestión integrada
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 247, do 25.01.2018
 
7.6 27566 (10/POP-003267)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Rodríguez Arias, Marta e 6 máis
 Sobre as previsións da Xunta de Galicia respecto do número de persoas en situación de dependencia que van estar atendidas no ano 2018
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 276, do 14.03.2018
 
7.7 28010 (10/POP-003311)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Blanco Rodríguez, Noela e 3 máis
 Sobre as razóns do Goberno galego para elixir o modelo de xestión privada para o centro de menores de Montealegre, en Ourense
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 280, do 21.03.2018
 
7.8 28644 (10/PUP-000156)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Bará Torres, Xosé Luís e 5 máis
 Sobre as medidas previstas polo Goberno galego para corrixir as deficiencias denunciadas polo Comité de Empresa na residencia de persoas maiores de Campolongo, en Pontevedra
 
7.9 27773 (10/PUP-000154)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Rivas Cruz, José Luis e 5 máis
 Sobre as previsións da Xunta de Galicia respecto da aprobación, antes da Semana Santa, do Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 276, do 14.03.2018
 
7.10 28322 (10/POP-003335)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Rodríguez Estévez, David e Quinteiro Araújo, Paula
 Sobre o custo real para o erario público de Galicia da contratación dos servizos da UME e da Operación Centinela para labores de loita contra os incendios forestais nos anos 2016 e 2017
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 284, do 27.03.2018 
 
7.11 22762 (10/POP-002742)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 López Crespo, Carlos Enrique e 7 máis
 Sobre o balance que fai a Consellería do Mar do uso, para a trazabilidade nos produtos pesqueiros, dun método telemático punteiro no ámbito europeo, a través da Plataforma Tecnolóxica da Pesca e por medio dos terminais  Ticpesc existentes nos portos de titularidade autonómica
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 241, do 17.01.2018

Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, o abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.
 
Santiago de Compostela, 3 de abril de 2018
 

Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina