saltar ao contido

Acordo da Comisión 1.ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, celebrada o 4 de abril de 2018

A Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, na súa sesión do 4 de abril de 2018, adoptou o seguinte acordo:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión

Aprobación sen modificacións
 
- 23834 (10/PNC-001886)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Pazos Couñago, José Alberto e 7 máis
Sobre o impulso polo Goberno galego da celebración de cumios entre Galicia e Portugal en asuntos sectoriais e de carácter transfronteirizo
BOPG n.º 251, do 01.02.2018
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 7 votos a favor, 0 votos en contra e 5 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a impulsar a celebración de cimeiras entre Galicia e Portugal en asuntos sectoriais de interese para ambas partes e de carácter transfronteirizo."

 

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina