Santiago, 9 de abril de 2018.- A secretaria xeral de Igualdade da Xunta, Susana López Abella, entregou este luns ao presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, o Informe anual de seguimento da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, correspondente ao ano 2017.
Unha vez que o documento sexa cualificado pola Mesa do Parlamento, a secretaria xeral presentará o informe nunha sesión da Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego.