* Con este documento, o Executivo cumpre co mandato feito polo Parlamento galego
Santiago, 7 de xaneiro de 2011.- O director xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Roberto Castro, entrevistouse esta mañá coa presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo, para facerlle entrega do Código ético institucional que regulará as viaxes oficiais ao exterior dos cargos da Administración autonómica galega.
Con este documento, que foi levado a Consello da Xunta a semana pasada, o Executivo cumpre co mandato feito polo Parlamento galego, que lle instou a facer unha proposta nesta liña.
O código ten por finalidade orientar as actuacións do Presidente da Xunta, os membros do Goberno galego e dos altos cargos da Administración Autonómica na realización de viaxes institucionais ao exterior, especialmente nos períodos previos á celebración dos comicios electorais.
Saúdos, Gabinete de Comunicación