saltar ao contido

Convocatoria do Pleno do Parlamento de Galicia previsto para o 11 de setembro de 2018

A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar unha sesión o próximo día 11 de setembro de 2018, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.
 
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 4 de setembro de 2018, a orde do día da sesión é a seguinte:
 
Punto preliminar. Prestación de promesa ou xuramento de acatar e gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia das novas deputadas Dª Patricia Otero Rodríguez e Dª Flora María Miranda Pena
 
Punto 1. Debate e votación do ditame, emitido pola Comisión especial de estudio e análise das reformas da política forestal, de prevención de incendios forestais e do plan forestal de Galicia, avaliando a experiencia acumulada dende 2006 e, especificamente, a extraordinaria vaga de lumes que ven de sufrir Galicia en outubro de 2017 (10/SCNP-000008)
 Publicación do ditame, BOPG n.º 346, do 10.08.2018
 Publicación dos votos particulares, BOPG n.º 346, do 10.08.2018
 
Punto 2. Solicitude de creación dunha dunha Comisión de investigación, a proposta dos Grupos Parlamentarios de En Marea e do Bloque Nacionalista Galego, para determinar as causas e dirimir as responsabilidades políticas no accidente producido o pasado 12 de agosto durante a celebración do festival do Marisquiño en Vigo, así como, propoñer as actuacións necesarias para evitar que sinistros destas características poidan repetirse (doc. núm. 34704, 10/SCI-000006)
 
Punto 3. Comparecencia
 
 35215 (10/CPP-000074)
 Do Sr. vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, por petición propia, para dar conta dos feitos acaecidos e das actuacións levadas a cabo en relación co accidente acontecido o pasado día 12 de agosto durante a celebración do festival O Marisquiño en Vigo, de acordo todo isto coa Lei 10/2017, do 27 de decembro, de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 349, do 31.08.2018
 
Punto 4. Mocións
 
4.1 33421 (10/MOC-000100)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Presas Bergantiños, Noa
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa violencia sexual (Moción a consecuencia da Interpelación nº 30285, publicada no BOPG nº 302, do 9.5.2018, e debatida na sesión plenaria do 10.7.2018)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 338, do 19.07.2018
 
4.2 33422 (10/MOC-000101)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Torrado Quintela, Julio
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa prestación sanitaria pediátrica (Moción a consecuencia da Interpelación nº 2099, publicada no BOPG nº 28, do 14.12.2016, e debatida na sesión plenaria do 10.7.2018)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 338, do 19.07.2018
 
4.3 33427 (10/MOC-000102)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Casal Vidal, Francisco e 3 máis
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Gobeno galego en relación co impacto medioambiental da minaría de cobre (Moción a consecuencia da Interpelación nº 32461, publicada no BOPG nº 328, do 28.6.2018, e debatida na sesión plenaria do 10.7.2018)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 338, do 19.07.2018
 
Punto 5. Proposicións non de lei
 
5.1 29845 (10/PNP-002192)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Sánchez García, Antón
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en relación co protocolo asinado o 18 de abril de 2018 co Ministerio de Fomento, Portos do Estado e a Autoridade Portuaria sobre os terreos do porto da Coruña, a revisión dos convenios portuarios de 2004 e a proposta do Concello da Coruña ao respecto
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 299, do 03.05.2018
 
5.2 31452 (10/PNP-002351)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Casal Vidal, Francisco
 Sobre a demanda polo Goberno galego ao Goberno central do estudo dunha baixada do IVE da enerxía eléctrica para as potencias e consumos establecidos como imprescindibles
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 316, do 06.06.2018
 
5.3 32584 (10/PNP-002462)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Rodil Fernández, Olalla e 5 máis
 Sobre a posición do Parlamento de Galicia respecto do tratamento que se lle está a dar na CRTVG aos contidos informativos
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 328, do 28.06.2018
 
5.4 33618 (10/PNP-002543)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Torrado Quintela, Julio e 2 máis
 Sobre a aplicación pola Xunta de Galicia das propostas do informe do Defensor del Pueblo en relación coa atención ás persoas con enfermidade mental
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 342, do 27.07.2018
 
5.5 34386 (10/PNP-002582)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Prado Cores, María Montserrat e 5 máis
 Sobre as medidas que hai que tomar en materia sanitaria diante do falecemento dun doente no PAC da Estrada
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 349, do 31.08.2018
 
5.6 34518 (10/PNP-002592)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Nóvoa Iglesias, Marta e 6 máis
 Sobre as actuacións que debe realizar a Xunta de Galicia diante do Goberno do Estado en relación coas centrais térmicas de carbón das Pontes e Meirama
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 349, do 31.08.2018
 
5.7 34618 (10/PNP-002595)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Blanco Rodríguez, Noela e 2 máis
 Sobre as medidas que debe adoptar a Xunta de Galicia para paliar o déficit de prazas públicas en residencias para persoas maiores e para a súa axeitada atención
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 349, do 31.08.2018
 
5.8 35292 (10/PNP-002629)  (c.e. 35426)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Fernández Prado, Martín e 14 máis
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co anuncio do Goberno central referido á asunción da débeda financeira xerada no porto de Valencia.
 Publicación da iniciativa pola vía de urxencia, BOPG n.º 349, do 31.08.2018
 
Punto 6. Interpelacións
 
6.1 29368 (10/INT-000956)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Rodríguez Rumbo, Matilde Begoña e Losada Álvarez, Abel Fermín
 Sobre a política do Goberno galego en relación co financiamento das entidades locais
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 296, do 25.04.2018
 
6.2 31746 (10/INT-001057)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Cuña Bóveda, María de los Ángeles e 3 máis
 Sobre a xestión da CRTVG
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 316, do 06.06.2018
 
6.3 33303 (10/INT-001111)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Solla Fernández, Eva
 Sobre a política do Goberno galego en relación co pechamento de camas e servizos durante os meses de verán nos hospitais do Sergas
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 338, do 19.07.2018
 
Punto 7. Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta
 
7.1 35803 (10/POPX-000103)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana Belén
 Sobre a información que está a ofrecer o Goberno galego respecto da situación da sanidade pública
 
7.2 35804 (10/POPX-000104)  (c.e. 35808)
 Grupo Parlamentario En Marea
 Villares Naveira, Luis
 Sobre a opinión do Goberno galego respecto do acontecido no Punto de Atención Continuada da Estrada no mes de agosto de 2018
 
7.3 35805 (10/POPX-000105)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Fernández Leiceaga, Xoaquín María
 Sobre as previsións do Goberno galego respecto da atención residencial a persoas maiores e dependentes
 
Punto 8. Preguntas ao Goberno
 
8.1 34600 (10/POP-004079)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Díaz Villoslada, Juan Manuel e 4 máis
 Sobre as medidas que ten previsto desenvolver o Goberno galego para impulsar e apoiar de xeito efectivo instrumentos de xestión metropolitana de servizos no ámbito da área metropolitana da Coruña
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 349, do 31.08.2018
 
8.2 33521 (10/POP-003876)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Rodríguez Barreira, María Julia e 6 máis
 Sobre as actuacións da Xunta de Galicia en materia de conservación das estradas, e as prioridades de actuación
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 342, do 27.07.2018
 
8.3 35659 (10/PUP-000187)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Bará Torres, Xosé Luís e 5 máis
 Sobre as xestións que está a realizar o Goberno galego para garantir a continuidade e a viabilidade da empresa Maderas Iglesias
 
8.4 35798 (10/PUP-000188)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Villares Naveira, Luis e 3 máis
 Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia diante das dramáticas situacións para o emprego que sofren diversas empresas
 
8.5 35297 (10/PUP-000186)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Fernández Gil, César Manuel e 6 máis
 Sobre a valoración do Goberno galego respecto do acordo asinado entre a Xunta de Galicia e as centrais sindicais para incrementar o salario do persoal docente
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 349, do 31.08.2018
 
8.6 33993 (10/POP-003961)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Moreira Ferro, Jacobo e 11 máis
 Sobre os avances e novidades que se produciron nos últimos meses no proxecto do gran Montecelo, en Pontevedra
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 349, do 31.08.2018
 
8.7 34414 (10/POP-004058)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Torrado Quintela, Julio e Blanco Rodríguez, Noela
 Sobre os criterios utilizados polo Goberno galego para determinar o volume de persoal existente o sábado 4 de agosto no PAC da Estrada
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 349, do 31.08.2018
  
8.8 34506 (10/POP-004069)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Prado Cores, María Montserrat e 5 máis
 Sobre as demandas dos traballadores do Sergas provocadas pola decisión do Goberno galego de trasladar os servizos de coordinación das urxencias sanitarias de Galicia ao edificio do Centro Integral de Atención ás Emerxencias, na Estrada
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 349, do 31.08.2018
 
8.9 33883 (10/POP-003927)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Vázquez Verao, Paula
 Sobre a aplicación pola Xunta das recomendacións do Consello de Contas en materia de atención residencial a persoas maiores e dependentes
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 349, do 31.08.2018
 
8.10 34687 (10/POP-004095)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Vázquez Verao, Paula
 Sobre o incumprimento do convenio de colaboración da empresa adxudicataria da xestión do Centro de Menores Monteledo, en Ourense
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 349, do 31.08.2018
 
Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, o abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.
 
 
Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2018
 
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina