A Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, na súa sesión do 5 de setembro de 2018, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación sen modificacións
- 32913 (10/PNC-002692) Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Prado del Río, Paula e 7 máis
Sobre a demanda polo Goberno galego ao Goberno central da realización das modificacións necesarias na lexislación estatal para garantir a corresponsabilidade parental e as relacións familiares dos fillos con ambos proxenitores nos casos de cesamento da convivencia. BOPG n.º 331, do 04.07.2018
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 7 votos a favor, 3 votos en contra e 2 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España para que modifique a lexislación estatal na materia a fin de que se garanta a corresponsabilidade parental e as relacións familiares con ambos proxenitores no cese da convivencia."
Aprobación por unanimidade con modificacións
- 32303 (10/PNC-002631)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego Bará Torres, Xosé Luís e 5 máis
Sobre o cumprimento polo Goberno galego do compromiso adquirido co Concello de Vigo para a remodelación das pistas de atletismo de Balaídos BOPG n.º 323, do 20.06.2018
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta ao Goberno galego a dar cumprimento inmediato ao compromiso adquirido co Concello de Vigo para a remodelación das pistas de atletismo de Balaídos, acordando co Concello a tramitación urbanística que permita facer realidade o convenio."