Santiago, 11 de setembro de 2018.- O Pleno do Parlamento de Galicia acolleu esta mañá a toma de posesión de dúas novas deputadas: Flora Miranda Pena (deputada de En Marea por A Coruña, que substitúe a Magdalena Barahona Martín) e Patricia Otero Rodríguez (deputada do PSdeG-PSOE por Lugo, en substitución de José Antonio Quiroga Díaz.
Flora Miranda Pena naceu en Cariño no ano 1975 e reside en Compostela desde 1993. Médica de familia por vocación. Licenciada en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela (1999). Diploma de Estudos Avanzados en Medicina. Especialista en Medicina Familiar e Comunitaria. Colaboradora docente da Facultade de Medicina de Santiago na asignatura Medicina de Familia e Atención Primaria entre os anos 2007 e 2011. Traballou na central de coordinación de emerxencias-061, na Dirección Xeral de Saúde Pública e nas Xerencias de Atención Primaria de Vigo, Pontevedra e Santiago. Desenvolveu o seu traballo como médica titular do Centro de Saúde de Valga nos sete anos anteriores á incorporación ao Parlamento.
Feminista, realiza actividade comunitaria sobre enfermidades de especial prevalencia en mulleres (fibromialxia). Defensora da necesidade de priorizar o coidado dos condicionantes socioeconómicos e a perspectiva de xénero pola súa relevancia na saúde das persoas. Participa activamente da plataforma en Defensa da Sanidade Pública SOS e na FADSP. Pertence á Irmandade Sanitaria Galega.
Foi covoceira da Coordinadora de Compostela Aberta e responsable do seu Grupo de Traballo de Saúde. É co-coordinadora do Grupo de Sanidade de En Marea. Formou parte da candidatura municipal de Compostela Aberta no 2015 e de En Marea ao Congreso e ao Parlamento galego.
Nai de dous fillos escolarizados no ensino público, é representante de nais e pais no Consello Escolar do seu CEIP. Formou parte da directiva da súa Anpa. É afeccionada á música e moi especialmente á poesía de autoras galegas.
Patricia Otero Rodríguez é licenciada en Dereito pola Universade de Santiago de Compostela (ano 2004). Especialista Universitario en Curso práctico de especialista en Seguridade Social (ano 2008). Universidade de Santiago de Compostela.
Experiencia profesional:
- Plan Labora. Contrato de inserción. Concello de Cervo.
- Orientadora Laboral UXT- Galicia (Costa Lucense)
- Monitora cursos de formación IFES (Instituto de Formación e Estudios Sociais).
- Avogada laboralista e Seguridade Social (autónoma)
- Membro do Colexio de Abogados de Lugo.
Cargos:
- Concelleira de Servicios Sociais, Economía e Facenda e Mar do Concello de Burela.
- 2ª Tenente de Alcalde do Concello de Burela.
- Secretaria da Fundación Expomar.
- Vogal da Fundación Eu Son.
- Vogal do Consello Reitor do Consorcio para a xestión e explotación da rede de abastecemento aos concellos de Cervo e Burela.
Cargos Orgánicos:
- Secretaria de Igualdade da Executiva Provincial do PSdeG-PSOE de Lugo.
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.