saltar ao contido

Acordo da Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos do día 13.09.2018

A Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Ser., na súa sesión do 13 de setembro de 2018, adoptou os seguintes acordos:

Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión

Aprobación por unanimidade con modificacións

- 31189 (10/PNC-002518) Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego Bará Torres, Xosé Luís e 5 máis

Sobre a elaboración e execución polo Goberno galego no ano 2018, en colaboración cos concellos de Pontevedra e Soutomaior, dun proxecto de conservación, mantemento, limpeza, iluminación e ordenación do contorno da ponte medieval de Ponte Sampaio, así como un proxecto integral de mellora da estrada PO-264 entre o cemiterio e esa ponte BOPG n.º 312, do 30.05.2018

Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12º deputados e deputadas presentes.

 O texto aprobado é o seguinte:

 "O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a estudar co Concello de Pontevedra as melloras necesarias na mobilidade, a accesibilidade e a seguranza viaria na estrada PO-264 entre o cemiterio e a ponte medieval de Ponte Sampaio."


Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina