A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar unha sesión o próximo día 25 de setembro de 2018, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 18 de setembro de 2018, a orde do día da sesión é a seguinte:
Punto 1. Textos lexislativos
1.1 Debate de toma en consideración da Proposición de lei, do G.P. dos Socialistas de Galicia, de modificación da Lei 12/2013, do 9 de decembro, de garantías de prestacións sanitarias, co obxecto de reforzar o Sistema público de saúde (doc. núm. 29856, 10/PPL-00020)
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 295, do 24.04.2018
1.2 Debate de toma en consideración da Proposición de lei, do G.P. do Bloque Nacionalista Galego, galega de recoñecemento e apoio das familias monoparentais (doc. núm. 30479, 10/PPL-000022)
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 302, do 09.05.2018
Punto 2. Comparecencia
33267 (10/CPP-000071)
Do Sr. conselleiro de Sanidade, por petición propia, para informar dos acordos acadados coas organizacións sindicais sobre a carreira profesional
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 335, do 11.07.2018
Punto 3. Mocións
3.1 36836 (10/MOC-000103)
Grupo Parlamentario de En Marea
Solla Fernández, Eva
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co pechamento de camas e servizos durante os meses de verán nos hospitais do Sergas. (Moción, a consecuencia da Interpelación nº 33303, publicada no BOPG nº 338, do 19.07.2018, e debatida na sesión plenaria do 11.09.2018)
3.2 36844 (10/MOC-000104)
Grupo Parlamentario de En Marea
Cuña Bóveda, María de los Ángeles e 3 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa xestión da CRTVG. (Moción, a consecuencia da Interpelación nº 31746, publicada no BOPG nº 316, do 06.06.2018, e debatida na sesión plenaria do 11.09.2018)
3.3 36854 (10/MOC-000105)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Rodríguez Rumbo, Matilde Begoña
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co financiamento das entidades locais. (Moción, a consecuencia da Interpelación nº 29368, publicada no BOPG nº 296, do 25.04.2018, e debatida na sesión plenaria do 11.09.2018)
Punto 4. Proposicións non de lei
4.1 9863 (10/PNP-000921)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Fernández Prado, Martín e 6 máis
Sobre a realización polo Goberno galego das xestións oportunas diante do Ministerio de Fomento, no marco do contrato adxudicado por Renfe a Talgo, para dotar Galicia de trens AVRIL para prestar o servizo na liña Madrid-Ourense-A Coruña e Vigo, co fin de mellorar os tempos de conexión coa Meseta
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 124, do 07.06.2017
4.2 31236 (10/PNP-002322)
Grupo Parlamentario de En Marea
Rodríguez Estévez, David e Sánchez García, Antón
Sobre as medidas que debe adoptar a Xunta de Galicia en relación coa aplicación das melloras das condicións laborais na empresa pública Seaga
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 312, do 30.05.2018
4.3 33682 (10/PNP-002551)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Blanco Rodríguez, Noela e 2 máis
Sobre as actuacións da Xunta de Galicia para que durante a X lexislatura volva asumir integramente o custo dos desprazamentos programados (non urxentes) das persoas en situación de dependencia, discapacidade ou con problemas de mobilidade, garantindo a universalidade e gratuidade deste servizo
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 344, do 01.08.2018
4.4 34520 (10/PNP-002593)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Nóvoa Iglesias, Marta e 6 máis
Sobre as actuacións que debe realizar a Xunta de Galicia diante do Goberno do Estado respecto da Orde, do Ministerio para a Transición Ecolóxica, que establece suplementos territoriais en relación coas peaxes de acceso de enerxía electrica correspondentes ao exercicio 2013
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 349, do 31.08.2018
4.5 35858 (10/PNP-002666)
Grupo Parlamentario de En Marea
Lago Peñas, José Manuel e 2 máis
Sobre a demanda polo Goberno galego ao Goberno central do establecemento dun mecanismo de revalorización das pensións que garanta, cando menos, o mantemento do seu poder adquisitivo
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 354, do 12.09.2018
4.6 36056 (10/PNP-002675)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Bará Torres, Xosé Luís e 5 máis
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación cos convenios asinados polo Ministerio de Fomento e Audasa nos anos 2011 e 2013, as deficiencias do servizo que presta a empresa concesionaria da AP-9 e as obras de ampliación da ponte de Rande
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 354, do 12.09.2018
4.7 36072 (10/PNP-002677)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rivas Cruz, José Luis e 5 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa experiencia, as condicións laborais e as tarefas do persoal da empresa pública Seaga
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 354, do 12.09.2018
4.8 36148 (10/PNP-002690)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Vilán Lorenzo, Patricia e 3 máis
Sobre as medidas que debe tomar a Xunta de Galicia destinadas a elaborar un proxecto integral de coidado e atención das augas do encoro da Baxe e do río Umia, así como a convocatoria urxente de representantes da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, da Confederación Hidrográfica Galicia-Costa, de Augas de Galicia, dos representantes dos concellos da conca do río Umia e do Observatorio Autonómico dos Ríos de Galicia
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 354, do 12.09.2018
Punto 5. Interpelacións
5.1 34252 (10/INT-001140)
Grupo Parlamentario de En Marea
Lago Peñas, José Manuel e 2 máis
Sobre as políticas do Goberno galego para afrontar a situación económica e social de Galicia
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 349, do 31.08.2018
5.2 34790 (10/INT-001167)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Álvarez Martínez, Luis Manuel e 2 máis
Sobre a reducción da oferta educativa nos concellos
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 352, do 05.09.2018
5.3 36141 (10/INT-001207)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Prado Cores, María Montserrat e 5 máis
Sobre a situación ambiental do río Umia
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 354, do 12.09.2018
Punto 6. Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta
6.1 36974 (10/POPX-000106)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana Belén
Sobre as previsións da Xunta de Galicia respecto da realización dalgunha actuación para frear a escalada de prezos da electricidade e dos carburantes
6.2 36975 (10/POPX-000107)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Fernández Leiceaga, Xoaquín María
Sobre o restablecemento da situación na CRTVG
6.3 36976 (10/POPX-000108)
Grupo Parlamentario de En Marea
Villares Naveira, Luis
Sobre a forma da acción de goberno da Xunta de Galicia
Punto 7. Preguntas ao Goberno
7.1 36955 (10/PUP-000193)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Álvarez Martínez, Luis Manuel e 3 máis
Sobre a repercusión temporal que supón, no remate das actuacións anunciadas no barrio da Residencia, na cidade de Lugo, a decisión da Xunta de Galicia de deixar sen efecto os acordos referidos á retrocesión do pavillón xeral e do edificio da Escola.
7.2 33580 (10/POP-003887)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Fernández Prado, Martín e 14 máis
Sobre o desenvolvemento das estacións intermodais nas principais ciudades galegas
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 342, do 27.07.2018
7.3 35397 (10/POP-004157)
Grupo Parlamentario de En Marea
Cal Ogando, Marcos e Sánchez García, Antón
Sobre as actuacións levadas a cabo pola Xunta de Galicia para evitar as retencións que se veñen producindo na AP-9
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 352, do 05.09.2018
7.4 35802 (10/POP-004224)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rodil Fernández, Olalla e 5 máis
Sobre as actuacións previstas polo Goberno galego para garantir o mantemento dos postos de traballo da fábrica de Sargadelos, en Cervo, así como o futuro da empresa
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 355, do 13.09.2018
7.5 36853 (10/PUP-000190)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Nóvoa Iglesias, Marta e 8 máis
Sobre a postura da Xunta de Galicia diante do anuncio de rescisión do contrato de subministración de enerxía eléctrica por parte de Naturgy a industria galega
7.6 36962 (10/PUP-000191)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rodil Fernández, Olalla e 5 máis
Sobre as previsións da Xunta de Galicia respecto da dotación dos recursos necesarios ao IES de Brión e ao CEIP Padre Feijoo de Allariz
7.7 36969 (10/PUP-000192)
Grupo Parlamentario de En Marea
Villares Naveira, Luís e 13 máis
Sobre as actuacións previstas pola consellaría para cubrir as necesidades de persoal docente e de infraestruturas no curso escolar 2018-2019
7.8 34222 (10/POP-004036)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Blanco Rodríguez, Noela e 2 máis
Sobre a ampliación do servizo de hemodinámica do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense para que o servizo se preste as 24 horas
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 349, do 31.08.2018
7.9 36127 (10/POP-004280)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Torrado Quintela, Julio e 2 máis
Sobre as razóns do Goberno galego para anunciar a candidatura de Galicia para o acollemento do Laboratorio Europeo de Control Bacteriolóxico de Bivalvos despois da votación no seo da Unión Europea que negaba esa posibilidade
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 355, do 13.09.2018
Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, o abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.
Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2018
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente