saltar ao contido

Acordo da Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior celebrada o 19-09-2018


A Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, na súa sesión do 19 de setembro de 2018, adoptou o seguinte acordo:
 
Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión
 
 
Aprobación sen modificacións
 
- 32962 (10/PNC-002698)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Prado del Río, Paula e catorce deputados/as máis
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación co Proxecto de lei de creación do Consello Nacional de Colexios Profesionais de Enxeñaría Química de España, así como coa profesión e titulación de Enxeñaría Química
BOPG n.º 335, do 11.07.2018
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 10 votos a favor, 0 votos en contra e 1 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España para:
 
1. Tramitar e aprobar definitivamente o Proxecto de lei de creación do Consejo Nacional de Colegios Profesionales de Ingeniería Química de España.
 
2. Facer as modificacións necesarias co fin de completar o RD 1837/2008 a fin de incluír a Enxeñería Química dentro do Anexo VIII -de profesións reguladas- cumprindo deste modo coas exixencias recoñecidas aos colectivos si incluídos en dita disposición segundo o artigo 4.1 do citado Real Decreto, e permitindo aos titulados en Enxeñería Química considerarse regulados de pleno dereito dentro do marco normativo español e non quedar relegados como ata o momento.
 
3. Dotar á Enxeñería Química dun marco legal equivalente ao previsto na Resolución de 15 de xaneiro de 2009, da Secretaría de Estado de Universidades, pola que se publica o Acordo do Consello de Ministros, polo que se establecen as condicións ás que deberán adecuarse os plans de estudos conducentes á obtención de títulos que habiliten para o exercicio das distintas profesións reguladas de enxeñeiro (BOE 29-01-2009).
 
4. Establecer con plena seguridade xurídica a homologación entre a titulación de Enxeñería Química e a titulación de enxeñería Industrial Especialidade Química, tal e como estableceu no seu momento o RD 1954/1994."

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina