saltar ao contido

Comunicado da CALRE con ocasión do Día da Cooperación Europea

A propósito do Día da Cooperación Europea, que hoxe se celebra, a Conferencia das Asembleas Lexislativas Rexionais da Europa (CALRE) salienta a importancia fundamental das relacións descentralizadas entre os distintos territorios europeos para o proxecto europeo. En  verdade, constituíndo un dos eixes fundamentais da política de cohesión, os programas de cooperación territorial europea, coñecidos como INTERREG, teñen, ao longo dos seus 28 anos, contribuído dun modo decisivo para a unión entre todos os europeos e súas institucións, estean eles situados en rexións e cidades de fronteira entre Estados membros, nos grandes espazos transnacionais europeos ou, mesmo, nos máis distantes e distintos territorios da Unión Europea.
 
Ademais, os programas INTERREG, nos seus distintos eixes, teñen contribuído a diluír fronteiras e aproximar os cidadáns europeos arredor de valores comúns, facilitando a repartición de ideas e de solucións, incentivando a cooperación e a acción conxunta sobre obxectivos estratéxicos. O impulso dado á cooperación territorial pola vía dun marco legal común, no marco dos obxectivos da Unión Europea, e, principalmente, a través do cofinanciamento dos proxectos INTERREG, constitúe, de igual modo, unha concreción real e consecuente dos principios da cohesión económica, social e territorial da Unión Europea.
 
A CALRE defende, neste contexto, que o desenvolvemento de proxectos de cooperación, identificando cuestións e intereses comúns entre as distintas partes, así como solucións partilladas e complementarias para desafíos similares en distintas entidades subnacionais, especialmente para as rexións, presenta un innegble valor engadido para a Unión Europea, que debe ser xustamente enaltecido. En particular, a CALRE desexa subliñar o valor engadido das rexións e da cooperación interrexional para conseguir unha resposta aos desafíos das migracións. Efectivamente, a integración dos chegados máis recentemente á Unión Europea debe ter unha dimensión transfronteiriza e territorial.
 
Por todo iso, no ano en que que comezaron as discusións para o orzamento europeo plurianual e o cadro das políticas da Unión máis aló de 2010, a CALRE afirma que a cooperación territorial europea, a través dos programas INTERREG, ten sido e debe continuar a ser fundamental para a construción dun espazo común europeo.
 
Constituíndo, indubidabelmente, unha pedra angular da integración, a Cooperación Territorial Europea deberá continuar a merecer unha atención especial no período tras 2020, cunha estrutura de continuidade, afectando os necesarios medios financeiros e os instrumentos legais ao seu dispor, coa imprescindible simplificación de procedementos e regulamentación.
 
A CALRE lembra o traballo desenvolvido nesta área polas rexións e, en especial, o papel preponderante que as rexións con poderes lexislativos teñen nese contexto. Maior capacidade de acción implica, de igual modo, maior responsabilidade, nomeadamente, no aproveitamento dos instrumentos dispoñibles e de presentación de resultados. A CALRE reafirma, así, a dispoñibilidade das súas rexións en participar activamente nas discusións e estruturación da futura política de cooperación territorial europea, comprometéndose de igual modo a proseguir a súa participación activa e interesada nos programas INTERREG.
 
No entanto, é preciso sinalar que, na proposta relativa á nova política de cohesión, non existe unha referencia clara á necesidade de prever unha rúbrica dedicada ao financiamento das macroestratexias rexionais da UE. As «macrorrexións» son un concepto estabelecido na xeografía económica e política, como tamén na planificación espacial. Poden abordar os desafíos comúns afrontados por unha área xeográfica delimitada relacionada cos Estados membros e países terceiros localizados na mesma área xeográfica, que así benefician dunha cooperación reforzada que contribúe para os resultados da cohesión económica, social e territorial. As estratexias macrorrexionais da UE constitúen un novo instrumento de gobernanza a varios niveis, proporcionando unha oportunidade para novas reflexións sobre os espazos territoriais, as oportunidades e desafíos nestes espazos e novas formas de intervención. A dimensión macrorrexional está intimamente ligada a fenómenos que afectan a Unión no seu todo, como os fluxos migratorios, a criminalidade organizada e o terrorismo transnacional.
Este día, 21 de setembro, a CALRE asóciase plenamente á conmemoración do Día da Cooperación Europea, consciente da contribución fundamental das políticas de cooperación da Unión Europea para a concreción da unidade europea, con respecto pola súa diversidade, e o obxectivo de atinxirmos un desenvolvemento global harmonioso de todos os territorios da Unión Europea.
 
 

A presidenta da Conferencia das Asembleas Lexislativas Rexionais Europeas (CALRE)
21 de setembro de 2018

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina