saltar ao contido

Alumnado do Instituto Santiago Apóstolo de Bos Aires visita o Parlamento de Galicia

Santiago, 25 de setembro de 2018.- Alumnas e alumnos do Instituto Santiago Apóstolo de Bos Aires visitaron este mediodía o Parlamento de Galicia no marco da viaxe de estudos que efectúan á Comunidade Autónoma.  Foron recibidos polo presidente da Cámara lexislativa galega, Miguel Ángel Santalices Vieira, que lles explicou a historia e o funcionamento da institución, e atendeu as preguntas formuladas polos integrantes da delegación.

Trátase de mozas e mozos da 10ª promoción deste centro educativo, dependente  da Fundación Galicia América, que  cursan estudos equivalentes a 2º de Bacharelato.


Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina