saltar ao contido

Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 7 de novembro de 2018

Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 7 de novembro de 2018
 
3.2 36685 (10/PNP-002729)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Egerique Mosquera, Teresa e 6 máis
Sobre o impulso pola Xunta de Galicia das accións destinadas ao asinamento e aplicación do protocolo entre  Aecosan e Intecmar
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 358, do 19.09.2018
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a dirixirse ao Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social para darlle continuidade á tramitación e adecuar definitivamente,  para proceder á súa posterior sinatura e aplicación, o Protocolo entre a AECOSAN e o INTECMAR no que se designaba o INTECMAR como laboratorio nacional de referencia, no ámbito nacional, para biotoxinas  mariñas  e  control  e  clasificación  das zonas de producción".
 

3.3 36781 (10/PNP-002743)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Pazos Couñago, José Alberto e 9 máis
Sobre a demanda ao Goberno do Estado para a concreción do prazo e da fórmula elixidos para a supresión da peaxe de Redondela
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 358, do 19.09.2018
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O  Parlamento  de  Galicia  insta  a  Xunta  de  Galicia  a  requirir  ao  Goberno  do  Estado  a concreción do prazo e fórmula elixidos para a supresión da peaxe de Redondela”.

3.5 38443 (10/PNP-002852)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rivas Cruz, José Luis e 5 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa tramitación do expediente para declarar o parque do Pasatempo, de Betanzos, como ben de interese cultural, así como o financiamento das obras para a súa rehabilitación
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 371, do 16.10.2018
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia  insta á Xunta:
- A axilizar a a declaración de interese  cultural  do parque do Pasatempo, reducindo na medida do posible os prazos de tramitación.
- A prestar apoio técnico ao Concello de Betanzos para a elaboración dun proxecto de rehabilitación implicando a outras administracións públicas, recabando outros posibles apoios financeiros e colaborando economicamente para garantir a consecución do proxecto”
 
3.6 38578 (10/PNP-002860)
Grupo Parlamentario de En Marea
Quinteiro Araújo, Paula e 2 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coas condicións laborais e salariais existentes no sector da conxelación e refrixeración dos produtos do mar
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 371, do 16.10.2018
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a actuar no conflicto laboral do sector de elaborados do mar, a través da consellería competente, que debe adoptar un papel activo de mediación entre a representación legal dos traballadores e a patronal Conxemar para acadar un acordo no convenio colectivo que mellore os salarios, a calidade do emprego, as condicións de traballo, reduza a temporalidade e reforce a supervisión da subcontratación”.
 
3.8 39126 (10/PNP-002913)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Otero Rodríguez, Patricia e 5 máis
Sobre a realización polo Goberno galego das xestións necesarias para evitar o peche dos centros de produción e asegurar o mantemento dos postos de traballo da empresa Alcoa en Galicia
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 375, do 24.10.2018
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O  Parlamento  de Galicia apoia a proposta para a continuidade das plantas de aluminio primario que Alcoa ten en Avilés e A Coruña, presentada polo Comité de Empresa de Alcoa Inespal Coruña S.L. o pasado 30 de outubro de 2018, perante a delegación do Goberno en Galicia”.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina