saltar ao contido

Acordos da Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, celebrada o 22-11-2018

A  Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, na súa sesión do 22 de novembro de 2018, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación con modificacións
 
- 38811 (10/PNC-003112)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Presas Bergantiños, Noa e 5 máis
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central respecto da orde definitiva para a tramitación referida aos suplementos territoriais en relación coas peaxes de acceso de enerxía eléctrica de 2013, os custos que se requiran para o cumprimento das sentenzas xudiciais na materia, así como o establecido nos artigos 16.4 e 17.6 da Lei 24/2013, do sector eléctrico
BOPG n.º 375, do 24.10.2018
 
Sométese a votación por puntos co resultado seguinte:
 
. Puntos 1 e 2, aprobados por 10 votos a favor, 0 votos en contra e 2 abstencións.
 
. Punto 3, rexeitado por 5 votos a favor, 7 votos en contra e 0 abstencións.
 
O texto aprobado, con modificacións respecto do texto orixinal,  é o seguinte:
 
"O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a demandar do Goberno do Estado:
 
1. Que exclúa a Galicia da Orde definitiva para a tramitación respecto dos suplementos territoriais para o exercicio 2013, por atentar contra as competencias galegas en materia de tributación ambiental e por seren contrarias para os intereses dos galegos e galegas e da nosa economía.
 
2. En caso de non prosperar os recursos legais e políticos á aplicación dos suplementos territoriais, demandar do Estado a asunción de todos os custes que sexan requiridos para dar cumprimento a estas Sentenzas, xa que foi una norma emitida polo goberno central a causante destas."
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 39010 (10/PNC-003126)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Antón Vilasánchez, María Ángeles e 10 máis
Sobre a continuación polo Goberno galego co afondamento na mellora e especialización da Vía da Prata como ruta preferente para os peregrinos a cabalo, a través do impulso, polo menos, dun albergue adaptado a esas características
BOPG n.º 375, do 24.10.2018
 
Sométese a votación a transacción coa emenda do G.P. de En Marea doc. núm. 40687 e resulta aprobada, con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a:
 
1.- Seguir afondando na mellora e especialización da Vía da Prata como ruta preferente para os peregrinos a cabalo a través do impulso, a lo menos, dun albergue adaptado a estas características.

2.- Elaborar un mapeo da Vía da Prata indicando os servizos existentes, públicos e privados, para a acollida dos peregrinos a cabalo, promovendo uns criterios de calidade que garantan o axeitado benestar animal."
 
- 39114 (10/PNC-003137)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Presas Bergantiños, Noa e 5 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para garantir o mantemento dos centros produtivos e dos postos de traballo da empresa Alcoa en Galicia
BOPG n.º 375, do 24.10.2018
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento insta a Xunta de Galicia a realizar todas as accións necesarias encamiñadas a garantir os centros produtivos e os postos de traballo de Alcoa en Galicia, a comezar por:

1. Solicitar da multinacional a retirada do ERE de extinción de emprego.

2. Promover a constitución dunha mesa de negociación para loitar pola continuidade da empresa na que se dea participación ao cadro de persoal, entidades sociais e administración comprometidas coa súa permanencia.

3. Negociar un marco enerxético estábel para a industria do noso país."
 
- 39124 (10/PNC-003138)
Grupo Parlamentario de En Marea
Casal Vidal, Francisco
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co anuncio de peche da factoría de Alcoa na Coruña, así como as demandas que debe realizar ao Ministerio de Transición Ecolóxica respecto da industria electrointensiva e a regulación do sector eléctrico
BOPG n.º 375, do 24.10.2018
 
Sométese a votación por puntos como segue:
 
Os puntos 1 a 4 (o punto 4 transaccionado coa emenda do G.P. dos Socialistas de Galicia doc. núm. 40677) resultan aprobados pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O punto 5 transaccionado coa emenda do G.P. dos Socialistas de Galicia, doc. núm. 40677, resulta rexeitado por 5 votos a favor, 7 votos en contra e 0 abstencións.
 
Os punto 6, resulta rexeitado por 5 votos a favor, 7 votos en contra e 0 abstencións.
 
Os puntos 7, 8 e 9 da emenda do G.P. de En Marea, resultan rexeitados por 5 votos a favor, 7 votos en contra e 0 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a:
 
1.- Realizar as actuacións necesarias ante Alcoa para que retire o ERE de extinción como primeira medida para reconducir a situación.

2.- Desenvolver todas as accións necesarias para poñer en marcha de inmediato una mesa de negociación entre a empresa, os traballadores, os Concellos afectados, a Xunta e o Goberno do Estado.

3.- Instar ao Ministerio de Transición Ecolóxica a convocatoria e execución inmediata da partida orzamentaria de 2018 de 150 M€ para mellorar a viabilidade da industria electrointensiva.

4. Instar ao Ministerio de Transición Ecolóxica a condicionar as axudas á industria electrointensiva á mellora tecnolóxica e ao mantemento do emprego."
 
- 39528 (10/PNC-003174)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Tellado Filgueira, Miguel Ángel e 8 máis
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego á Dirección da empresa pública Navantia para manter a carga de traballo en obra civil do estaleiro de Fene
BOPG n.º 380, do 06.11.2018
 
Sométese a votación xunto coa emenda do G.P. dos Socialistas de Galicia doc. núm. 40685 e resulta aprobada pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado, con modificacións respecto do texto orixinal, é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a dirixirse á Dirección da empresa pública Navantia a continuar o esforzo no eido comercial para manter a carga de traballo en obra civil do estaleiro de Fene, xa sexa a través da eólica offshore coma coa construción de buques civís e buques militares."

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina