saltar ao contido

Acordos da Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, celebrada o 30-11-2018

A Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, na súa sesión do 30 de novembro de 2018, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
 
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación con modificacións
 
- 36686 (10/PNC-002941)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Egerique Mosquera, Teresa e 6 máis
Sobre a demanda ao Goberno do Estado para a defensa da pesca de quenlla por parte da frota de palangre, así como a clarificación técnica da interpretación da normativa que prohíbe a práctica denominada "finning" e a súa aplicación ao resto de frotas mundiais
BOPG n.º 358, do 19.09.2018
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificación respecto do texto orixinal. Votación separada por puntos:
 
Punto 1º, resulta aprobado por 7 votos a favor, 0 votos en contra e 5 abstencións; Punto 2º, resulta aprobado por 9 votos a favor, 0 votos en contra e 3 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a demandar do Goberno do Estado:
 
1. Que defenda a pesca de quenlla por parte da nosa frota de palangre e proceda a demandar da Comisión Europea a clarificación técnica da interpretación da normativa que prohibe a práctica coñecida como "finning".
 
2. Que traballe no seno da Unión Europea para que se estenda a aplicación da normativa europea nesta materia ao resto de frotas mundiais e así evitar que existan diferentes condicionantes para esta práctica pesqueira segundo a frota de cada país. Tendo en conta que corresponde á Comisión Europea realizar as xestións oportunas nos foros internacionais para que este aspecto se consiga."

Aprobación por unanimidade con modificacións:
 
- 38059 (10/PNC-003049)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Pérez Seco, José Manuel e 2 máis
Sobre o asinamento por parte do Goberno galego dun convenio coa Deputación Provincial da Coruña para o financiamento da implantación de semente produtiva na ría de Ferrol
BOPG n.º 368, do 10.10.2018
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego a artellar unha fórmula coa Deputación Provincial da Coruña para que cada administración proceda a asignar una cantidade, non inferior a 70.000 euros por cada administración, co fin de recuperar e promover a mellora produtiva da ría de Ferrol."

Aprobación por unanimidade sen modificacións:
 
- 36694 (10/PNC-002945)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Egerique Mosquera, Teresa e 6 máis
Sobre a demanda ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e ao Ministerio de Fomento das actuacións necesarias destinadas a solucionar a problemática da potencia das embarcacións de recursos específicos
BOPG n.º 358, do 19.09.2018
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a demandar do Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación e do Ministerio de Fomento a continuación dos trámites necesarios para finalizar as modificacións normativas precisas, conforme á negociación mantida, de cara a darlle solución á problemática da potencia das embarcacións de recursos específicos."
 
- 37716 (10/PNC-003030)
Grupo Parlamentario de En Marea
Torregrosa Sañudo, Julia e 3 máis
Sobre a elaboración pola Xunta de Galicia, en colaboración co sector e as universidades galegas, dun plan integral de apoio ao sector do mar afectado pola normativa europea que obriga ao desembarco da totalidade das capturas
BOPG n.º 365, do 03.10.2018
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento insta a Xunta de Galicia a elaborar, en cooperación co sector e as Universidades galegas, un plan integral de apoio ao sector do mar afectado por esta norma, que permita abordar o impacto económico que a obriga de desembarco vai ter para a frota artesanal galega. Este plan debe contemplar, entre outros, dende os estudos para aplicar melloras técnicas nas embarcacións que permitan reducir os descartes, así como o financiamento dos estudos científicos que permitan minimizar o impacto da norma logo da súa presentación ás autoridades europeas, ata os mecanismos de compensación económica ante as situación de peche que se poidan provocar pola aplicación da norma."

Imaxes relacionadas

Últimas Novas

saltar ao pe de páxina