O presidente da Confederación de Empresarios de Pontevedra presenta a Santalices iniciativas a prol das infraestruturas e a competitividade

 

Santiago, 12 de decembro de 2018.- O presidente da Confederación Provincial de Empresarios de Pontevedra (CEP), Jorge Cebreiros, presentou este mediodía ao titular do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, diferentes iniciativas que está a impulsar esa organización no ámbito do desenvolvemento de infraestruturas e da competitividade empresarial.
 
Na entrevista, Jorge Cebreiros explicoulle a Santalices que a CEP vén de integrarse na Plataforma Atlántico Noroeste (PAN) e na Alianza Noroeste, integradas por organización empresariais e entidades de Galicia, Asturias e Castela e León que reclaman a conexión destes territorios co corredor atlántico ferroviario de mercadorías e outras infraestruturas que garantan o desenvolvemento económico. A entrevista foi solicitada polo presidente da CEP e enmárcase na rolda de contactos deste organización con diferentes administracións e organismos públicos.
 

Imaxes relacionadas