UNICEF entrega ao presidente do Parlamento o informe sobre “A Infancia en Galicia 2018”


Santiago, 13 de decembro de 2018.- A presidenta de UNICEF Comité Galicia, Myriam Garabito, entregou ao presidente do Parlamento, Miguel Ángel Santalices Vieira, o informe “A Infancia en Galicia 2018”.
O documento achega abundante información sobre a situación da infancia na Comunidade Autónoma e será trasladado aos grupos parlamentarios que integran a Cámara. O informe foi elaborado por un equipo de investigadores da Universidade de Santiago de Compostela, coordinado polas profesoras María del Mar Lorenzo e Mª del Carmen Cambeiro, da Facultade de Ciencias da Educación.
UNICEF Comité Galicia e os tres grupos parlamentarios representados daquela na Cámara asinaron, en abril de 2011, o Pacto Galego pola Infancia, orientado a mellorar o cumprimento da Convención sobre os Dereitos do Neno.
 

Imaxes relacionadas