saltar ao contido

Acordos da Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, celebrada o 23-01-2019

 
A Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, na súa sesión do 23 de xaneiro de 2019, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
 
Proposicións non de lei en Comisión

Aprobación sen modificacións
 
- 39551 (10/PNC-003178)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Prado del Río, Paula e 7 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para dinamizar a participación da sociedade nas tarefas de protección civil
BOPG n.º 380, do 06.11.2018
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por: 9 votos a favor, 0 votos en contra e 3 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a dinamizar a participación da sociedade en tarefas de protección civil a través de campañas de promoción do voluntariado, de captación de novos membros e da promoción do recoñecemento social e institucional do labor deste persoal voluntario."
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 40066 (10/PNC-003227)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Bará Torres, Xosé Luís e 5 máis
Sobre a demanda que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación co acordo parlamentario do ano 2008 referido á transferencia a Galicia das competencias en materia de tráfico, circulación de vehículos e seguridade cidadá, así como a actuación que debe levar a cabo para posibilitarlle ao Corpo de Policía de Galicia a asunción das funcións reflectidas no artigo 15 da Lei 8/2008
BOPG n.º 386, do 21.11.2018
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes, con dereito a voto.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a demandar do Goberno do Estado a convocatoria da Comisión Mixta de transferencias, co obxecto de levar adiante todas aquelas transferencias xa reclamadas, así como aquelas novas que o Goberno galego consideren convenientes contemplando todas aquelas que xa foron transferidas ou se están negociando con outras Comunidades Autónomas."
 
-  41578 (10/PNC-003386)
Grupo Parlamentario de En Marea
Rodríguez Estévez, David e 2 máis
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Ministerio de Fomento para a cesión ao Concello de Vilar de Barrio e para a rehabilitación como centro residencial de maiores de catro vivendas e unha parcela anexa pertencentes ao Adif, situadas no lugar de Barrán
BOPG n.º 400, do 18.12.2018
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes, con dereito a voto.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia, con relación ás catro vivendas e parcela anexa propiedade de ADIF (sitas no lugar de Barrán, no concello de Vilar de Barrio, en Ourense), a estudar, xunto co concello, a petición da súa posible cesión co fin de:
 
1) Axudar á rehabilitación como centro residencia de maiores, mediante a creación dunha partida específica, das catro vivendas.
 
2) Executar as obras necesarias de xeito coopertativo e interadministracións, no ámbito das súas competencias entre o Ministerio de Fomento, Xunta de Galicia e Concello de Vilar de Barrio.
 
3) Aproveitar a parcela como zona de ocio/zona verde tanto para as persoas residentes no futuro centro como espazo de interacción coa xente da vila".
 

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina