Acordo da Comisión 1ª. Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior celebrada o día 20-02-2019

A  Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, na súa sesión do 20 de febreiro de 2019, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 40175 (10/PNC-003243)
Grupo Parlamentario de En Marea
Villares Naveira, Luis e Santos Queiruga, Carmen
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación coa revisión da Lei de Demarcación e de Planta Xudicial co fin de ampliar o número de xulgados exclusivos en materia de violencia sobre a muller, o incremento de especialización na materia no resto dos xulgados e o impulso da especialización por agrupación de varios partidos xudiciais lindeiros
BOPG n.º 386, do 21.11.2018
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 11 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
 "O Parlamento insta a Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno do Estado co fin de:
 
1.- Incrementar a especialización nos xulgados non exclusivos en materia de violencia sobre a muller, reforzando a formación do funcionariado estatal nos xulgdos con competencias sobre a materia.
 
2.-Promover a especialización por agrupación de varios partidos xudiciais lindeiros onde non se dificulte o acceso por razón de distancia á xurisdición promovendo a comarcalización dos servizos especializados na loita contra a violencia machista, tales como o Imelga (especialmente as unidades de valoración forense), as Oficinas de Atención ás Vítimas e a Policia Xudicial, de xeito consensuado coa Comisión Mixta que existe co Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.”

Imaxes relacionadas