Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 27 de febreiro de 2019

Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 27 de febreiro de 2019
 
  
4.5 44792 (10/PNP-003349)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Tellado Filgueira, Miguel Ángel e 15 máis
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación coa decisión da empresa Naturgy de pechar a central térmica de Meirama e construír nos seus terreos un parque eólico e unha central de biogás.
Publicación da iniciativa pola vía de urxencia, BOPG n.º 423, do 31.01.2019
 
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta a solicitar do Goberno de España  :
 
1.- Que articulen as medidas necesarias para evitar que se materialice a decisión  que ten comunicado Naturgy sobre o peche da central de Meirama.
 
2.-   Que   no   seu   defecto,   articule   xunto   a   Naturgy   un   verdadeiro   plan   de reindustrialización  vinculado  co  mantemento  e  a  creación  de  emprego,  de  xeito  que ningún dos colectivos afectados se vexa prexudicado pola decisión de peche da central de Meirama.
 
3.- Que a aprobación deste plan industrial así como as decisións en materia de política industrial vinculadas aos terreos de Meirama se tomen en consenso coa Administración galega”.
 

4.7 45754 (10/PNP-003436)
Grupo Parlamentario de En Marea
Quinteiro Araújo, Paula e 2 máis
Sobre as medidas que debe adoptar a Xunta de Galicia para mellorar as condicións das traballadoras de servizos no fogar e solicitar do Goberno de España a inclusión destas no Réxime Xeral da Seguridade Social e no Estatuto do Traballador, así como que se asine o Convenio 189 da Organización Internacional do Traballo
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 430, do 13.02.2019
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:
1. Abrir unha mesa de diálogo coas organizacións do sector co fin de mellorar as actuais condicións laborais destas e avaliar o cumprimento da lexislación vixente.
 
2. A instar ao Goberno do Estado español para que asine o  Convenio  189  da  OIT  de  cara  a  garantir  unhas  condicións  de traballo dignas”.
 
 
4.8 45756 (10/PNP-003437)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
García Míguez, María Ángeles e 7 máis
Sobre as medidas que debe adoptar a Xunta de Galicia e demandar ao Goberno do Estado para o fomento da inserción laboral das mulleres en condicións de igualdade e a conciliación da vida persoal, familiar e laboral
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 430, do 13.02.2019
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
 “O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:
1.      Fomentar,  en  colaboración  coas  entidades  locais,  dunha  banda  medidas  e programas  de  conciliación  e  corresponsabilidade  nos  que  se  incorporen  a  perspectiva de  xénero  para  fomentar  a  igualdade  entre  mulleres  e  homes  nos  nenos  e  nenas participantes  nestas  actuacións  e  doutra  banda  o  impulso  dos  bancos  de  tempo  coa finalidade  de  facilitarlles  ás  persoas,  especialmente  aquelas  que  residan  nun  concello rural,    a  conciliación  da  súa  vida  persoal,  familiar  e  laboral,  a  través  dun  sistema articulado  de  intercambio  destinado  a  subministrar  servizos  e/ou  coñecementos,  entre mulleres e homes dun contorno dado, cuxa medida é a hora de tempo.
 
2.  Continuar  a  desenvolver  programas  de  inserción  laboral  dirixidos  a  mulleres  en situación  de  violencia  de  xénero  coas  entidades  de  iniciativa  social  e  extender  estes programas ás empresas e as entidades locais de Galicia neste 2019.
 
3.    Dar  cumprimento  e  aplicar, ao longo de 2019, todas aquelas medidas incluídas no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero que afecten ao seu ámbito competencial: inserción laboral, campañas de sensibilización e prevención, protocolos de coordinacion e colaboración entre as administracións e institucións competentes, establecer un sistema de acompañamento ás mulleres, reforzar os servizos de apoio ás/aos menores, reforzo dos puntos de encontro familiar, formación especializada no ámbito educativo e dos medios de comunicación e reforzo das Unidades de Valoración Forense Integral.
 
4.   Demandar do Goberno do Estado:
 
a.      A  aprobación  da  Lei  de  Igualdade  Salarial  para  rematar  coa  fenda  salarial  de xénero entre homes e mulleres neste ano 2019
 
b.  A aprobación da Lei de Conciliación e corresponsabilidade onde se teña en conta a racionalización  horaria  e  favoreza  a  compatibilidade  do  traballo  coa  vida  personal  e familiar neste ano 2019
 
c.    A  aplicación  e  cumplimento  de  todas  as  medidas  incluídas  no  Pacto  de  Estado contra   a   violencia   de   xénero   cuxa   competencia   sexa   estatal   e   con   especial consideración aos cambios lexislativos aprobados e recollidos no Pacto”.
 

Imaxes relacionadas