3.2 47158 (10/MOC-000130)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Pierres López, María Luisa
Sobre as melloras que debe implementar e impulsar a Xunta de Galicia en relación coa rede de centros de información á muller. (Moción consecuencia da Interpelación n.º 44310, publicada no BOPG n.º 423, do 31.01.2019, e debatida na sesión plenaria do 26.02.2019)
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a implementar e impulsar as seguintes melloras na Rede CIM de Galicia e que permitan garantir o servicio integral e de calidade para todas as mulleres galegas, independentemente da súa localización no territorio, mellorando a accesibilidade ós servizos:
1.- Consolidación da Rede integral de CIM en todo o territorio, especialmente no rural galego, impulsando en colaboración cos diferentes concellos a apertura de máis centros, independentes ou mancomunados, e que permitan cubrir a totalidade do territorio galego no horizonte do ano 2020.
2. Fomento da cooperación institucional e entre os propios CIM, así como de maior cooperación interautonómica, co fin de intercambiar experiencias e crear protocolos que permitan coordinar e optiminizar as actuacións en materia de violencia de xénero.
3. Mellora do funcionamento da plataforma Xestión CIM, e revisión e estudio de melloras no sistema de implementación de datos para a xustificación das actuacións dos CIM, para velar pola confidencialidade na atención ás usuarias.
4. Extender o programa de Inserción Laboral para mulleres vítimas de violencia de xénero iniciado no ano 2016 a través das entidades de inciativa social sin ánimo de lucro, neste ano 2019 ás entidades locais, así como ao tecido empresarial.
5. Seguir a apoiar á rede autonómica de Centros de Información á Muller, garantindo o financiamento dos recursos económicos necesarios máis aló do período actual vixente dos fondos europeos así como dos medios técnicos precisos; fomentar que nas entidades locais incorporen perfís profesionais a maiores dos que se recollen no artigo 10 do Decreto 130/2016, do 15 de setembro, polo que se establecen os requisitos e o procedemento para o recoñecemento e acreditación dos centros de información á muller de titularidade das entidades locais de Galicia.
6. Implementar desde o vindeiro ano 2020, a presentación durante o mes de xaneiro, do programa e axenda anual de formación dos e das profesionais dos CIM, atendendo ás realidades dos colectivos atendidos nestes centros (LGTBI, inmigrantes, mulleres e menores vítimas de violencia de xénero...) e as súas problemáticas (traumas, dependencia emocional, apego, adiccións e traumas) así como outras formacións suxeridas nos informes das memorias anuais dos CIM de toda Galicia”.