Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia


Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 9 de febreiro de 2011
  
4.1  08/PNP-0491 (29924)
    Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
    Pontón Mondelo, Ana Belén  
  Sobre os prazos de execución e os contidos da Cidade da Cultura
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a levar adiante as seguintes medidas en relación coa Cidade da Cultura:
 
1.- Remitir ao Parlamento de Galiza, no prazo dun mes, a planificación realizada polo Executivo galego en relación co ritmo de execución das obras, establecendo un calendario sobre os prazos nos que se prevé o remate do complexo e os recursos que se ten previsto investir desglosados por anualidades” .
  
4.2  08/PNP-0587 (34763)
    Grupo Parlamentario Popular de Galicia
    Varela Suanzes-Carpegna, Daniel Luis
  
  Sobre a solicitude ao Ministerio de Fomento da inclusión no proxecto de ampliación da AP-9 dun novo enlace coa cidade de Santiago de Compostela que desconxestione os tráficos de entrada e saída e lle dea servizo á Cidade da Cultura
  
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a negociar urxentemente co Ministerio de Fomento a sinatura dun convenio de colaboración para unha nova conexión de acceso á Cidade da Cultura, dentro do proxecto de ampliación da AP-9 no seu tramo urbano de Santiago de Compostela, que ten
previsto levar a cabo o Ministerio de Fomento”.
 
 
4.4  08/PNP-0938 (56518)
    Grupo Parlamentario Popular de Galicia
    Rodríguez González, Román, e 6 deputados máis
  Sobre o establecemento das medidas precisas para facer efectiva unha maior implicación das familias no eido educativo
  
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia ao  establecemento das medidas precisas para facer efectiva unha maior implicación das familias no eido educativo, mediante o establecemento de procedementos de consulta e de participación directa das familias na adopción de decisións, que afecten ó proceso xeral educativo".

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2011

Imaxes relacionadas