saltar ao contido

Convocatoria do Pleno do Parlamento de Galicia previsto para o 12 de novembro de 2019

A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar unha sesión o próximo día 12 de novembro de 2019, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.
 
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 5 de novembro de 2019, a orde do día da sesión é a seguinte:
 
Punto 1. Texto lexislativo
 
1.1 Debate de toma en consideración da Proposición de lei, para presentar ante o Congreso dos Deputados, do G.P. Mixto, de modificación da Lei 50/1997, do 27 de novembro, do Goberno (doc. núm. 55694, 10/PPLC-000015)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 533, do 18.09.2019
 
Punto 2. Comparecencias
 

2.1 57863 (10/CPP-000113)
Da Sra. conselleira de Política Social, por petición propia, para informar sobre a situación da atención ás persoas maiores en Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 552, do 23.10.2019
Acumúlase na anterior a seguinte:
 
2.2 55120 (10/CPP-000108) 
Da Sra. conselleira de Política Social, por petición dos GG.PP. dos Socialistas de Galicia, do Bloque Nacionalista Galego e do Mixto, para dar conta da situación das residencias de maiores da Xunta de Galicia e explicar os recortes efectuados e a non ampliación dos cadros de persoal que están a incidir negativamente nunha prestación digna e de calidade nos centros de persoas maiores e nos centros de menores da Xunta de Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 528, do 11.09.2019
 
Punto 3. Mocións
 
3.1 58119 (10/MOC-000162)
 Grupo Parlamentario Mixto
 Vázquez Verao, Paula
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co gasto orzamentario en servizos públicos fundamentais e as demandas que debe realizar ao Goberno central ao respecto. (Moción, a consecuencia da interpelación nº 55463, publicada no BOPG nº 533, do 18.09.2019, e debatida na sesión plenaria do 22.10.2019)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 555, do 30.10.2019
 
3.2 58123 (10/MOC-000163)
 Grupo Parlamentario Grupo Común da Esquerda
 Santos Queiruga, Carmen
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co déficit de socorristas. (Moción, a consecuencia da Interpelación nº 56972, publicada no BOPG nº 544, do 09.10.2019, e debatida na sesión plenaria do 22.10.2019)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 555, do 30.10.2019
 
3.3 58144 (10/MOC-000164)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Vilán Lorenzo, Patricia
Sobre as medidas que debe adoptar o Goberno galego en relación coa crise e o cambio climático. (Moción, a consecuencia da Interpelación nº 56887, publicada no BOPG nº 544, do 09.10.2019, e debatida na sesión plenaria do 22.10.2019)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 555, do 30.10.2019
 
Punto 4. Proposicións non de lei
 
4.1 37155 (10/PNP-002782)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Egerique Mosquera, Teresa e 11 máis
Sobre as solicitudes que debe realizar o Goberno galego ao Ministerio de Fomento en relación co compromiso adquirido polo anterior Goberno de España de impulsar a autovía de novo trazado entre Vigo e O Porriño, a través do Plan extraordinario de investimentos en estradas
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 362, do 26.09.2018
 
4.2 51691 (10/PNP-003873)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Torrado Quintela, Julio e Blanco Rodríguez, Noela
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en materia de xestión sanitaria
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 493, do 26.06.2019
 
4.3 52312 (10/PNP-003912)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Rivas Cruz, José Luis e 5 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co acordo do Consello da Xunta de Galicia do ano 2004 polo que se aproba definitivamente o Plan sectorial da rede viaria da Coruña, Arteixo, Culleredo, Cambre, Oleiros, Sada e Bergondo, así como o proxecto de trazado presentado polo Concello de Cambre no ano 2006
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 508, do 19.07.2019
 
4.4 55910 (10/PNP-004135)
 Grupo Parlamentario Mixto
 Villares Naveira, Luis e 2 máis
Sobre a realización polo Goberno galego de auditorías ambientais en toda a Administración pública autonómica, organismos autónomos, entes públicos e organismos adscritos, así como a verificación do grao de cumprimento do Regulamento europeo 1221/2009 e da Decisión 2019/61
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 538, do 27.09.2019
 
4.5 57302 (10/PNP-004240)
 Grupo Parlamentario Grupo Común da Esquerda
 Sánchez García, Antón e Cal Ogando, Marcos
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en relación coa modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal de Mos para facilitar a execución do proxecto de construción da Cidade Deportiva do Celta e dun centro comercial
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 547, do 16.10.2019
 
4.6 57356 (10/PNP-004246)
 Grupo Parlamentario Grupo Común da Esquerda
 Solla Fernández, Eva
Sobre a dotación polo Goberno galego ao Sergas dos recursos económicos necesarios para posibilitar a negociación dun plan de estabilidade laboral na mesa sectorial
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 547, do 16.10.2019
 
4.7 57689 (10/PNP-004285)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Bará Torres, Xosé Luís e 5 máis
Sobre a mellora polo Goberno galego da atención ás emerxencias sanitarias na comarca do Deza coa dotación de Lalín, como cabeceira de comarca, dunha ambulancia medicalizada
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 551, do 22.10.2019
 
4.8 58006 (10/PNP-004317)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Pierres López, María Luisa e 2 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego co fin de incentivar a oferta de vivendas en alugueiro de longa duración
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 555, do 30.10.2019
 
4.9 58181 (10/PNP-004335)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Vega Pérez, Daniel e 14 máis
Sobre a posición do Parlamento de Galicia en relación coa proposta de Estatuto para os Consumidores Electrointesivos elaborada polo Goberno galego, así como as demandas que debe realizar a Xunta de Galicia ao Goberno central ao respecto. (Procedemento de urxencia)
Publicación da iniciativa pola vía de urxencia, BOPG n.º 555, do 30.10.2019
 
Punto 5. Interpelacións
 
5.1 54440 (10/INT-001817)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Prado Cores, María Montserrat e 5 máis
Sobre a política do Goberno galego en relación coa situación laboral en Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 524, do 04.09.2019
 
5.2 57774 (10/INT-001972)
 Grupo Parlamentario Grupo Común da Esquerda
 Cuña Bóveda, María de los Ángeles e Chao Pérez, Luca
Sobre a política da Xunta de Galicia en relación coa atención á diversidade do alumnado nos centros docentes
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 552, do 23.10.2019
 
5.3 57782 (10/INT-001973)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Pierres López, María Luisa e 3 máis
Sobre a política do Goberno galego en relación coa protección da capacidade económica das persoas menores e vítimas de violencia de xénero
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 552, do 23.10.2019
 
Punto 6. Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta
 
6.1 58401 (10/POPX-000170)
 Grupo Parlamentario Mixto
 Villares Naveira, Luis
Sobre a suficiencia dos recursos destinados polo Goberno galego á loita contra as emerxencias feminista, climática e social de Galicia
 
6.2 58412 (10/POPX-000171)
 Grupo Parlamentario Grupo Común da Esquerda
 Sánchez García, Antón
Sobre as previsións do Goberno galego respecto da incidencia nas políticas que provocan o abandono do medio rural
 
6.3 58415 (10/POPX-000172)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Caballero Miguez, Gonzalo
Sobre as previsións da Xunta de Galicia respecto da modificación das súas políticas para as cidades galegas
 
Punto 7. Preguntas ao Goberno
 
7.1 56623 (10/POP-006696)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Bará Torres, Xosé Luís e 5 máis
Sobre a posición do Goberno galego respecto da apertura dunha casa de apostas e sala de xogos en Redondela, nas proximidades dunha zona escolar
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 544, do 09.10.2019
  
7.2 53504 (10/POP-006304)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Fernández Prado, Martín e 6 máis
Sobre como afecta a modificación do Regulamento da Lei de costas ás empresas e equipamentos situados en dominio público marítimo-terrestre na comunidade galega
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 521, do 29.08.2019
 
7.3 56715 (10/POP-006712)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Álvarez Martínez, Luis Manuel e 2 máis
Sobre a valoración da Xunta de Galicia respecto do cumprimento do horizonte temporal establecido no ano 2013 para o remate da actuación denominada ronda leste de Lugo, treito II: LU-530 - N-VI, prevista no Programa de vías de altas prestacións
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 544, do 09.10.2019
 
7.4 53144 (10/POP-006242)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Blanco Rodríguez, Noela e 2 máis
Sobre a reclamación por parte da Xunta de Galicia a Naturgy do mantemento dos postos de traballo do servizo de atención ao cliente situado no Parque Tecnolóxico de Galicia, no concello ourensán de San Cibrao das Viñas
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 521, do 29.08.2019
 
7.5 58416 (10/PUP-000275)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Rodríguez Pérez, Moisés e 6 máis
Sobre as actuacións que está a levar a cabo a Xunta de Galicia para acompañar ao sector galego da automoción na consolidación do seu crecemento dos últimos anos e dar resposta ao futuro escenario
   
7.6 56876 (10/POP-006737)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Romero Fernández, Cristina Isabel e 6 máis
Sobre a valoración do Goberno galego respecto da evolución turística en Galicia ao longo de 2019
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 544, do 09.10.2019
 
7.7 58404 (10/PUP-000273)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Presas Bergantiños, Noa e 5 máis
Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para evitar os impedimentos á prestación dun servizo de pediatría digno e con garantías ás crianzas de Ourense
 
7.8 57897 (10/POP-006873)
 Grupo Parlamentario Grupo Común da Esquerda
 Quinteiro Araújo, Paula e Cuña Bóveda, María de los Ángeles
Sobre as previsións do Goberno galego referidas á garantía da xestión pública do futuro centro de atención ás persoas con diversidade funcional de Ourense
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 555, do 30.10.2019
 
7.9 58061 (10/POP-006888)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Pierres López, María Luisa e 2 máis
Sobre o tipo de medidas sancionadoras implementadas nos últimos anos fronte ás empresas de cátering que teñan causado algún tipo de intoxicación alimentaria nos centros escolares de Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 555, do 30.10.2019
 
7.10 58411 (10/PUP-000274)
 Grupo Parlamentario Grupo Común da Esquerda
 Quinteiro Araújo, Paula e Chao Pérez, Luca
Sobre as medidas previstas pola Xunta de Galicia para evitar novos casos de intoxicación alimentaria semellantes aos acontecidos en diversas gardarías da rede Galiña Azul
 
Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, ao abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.
 
 
Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2019

Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina